Primeira sesión de RedeCom
A Asociación Galega de Editores puxo en marcha unha Rede de Coñecemento Compartido, un instrumento que pretende contribuír á cultura do intercambio e a cooperación intrasectorial.
A primeira sesión terá lugar o 25 de setembro entre as 16:30 e as 19:30 nas instalacións do Consello da Cultura Galega e versará sobre a utilidade das redes sociais como instrumentos de promoción de marca. Comparten nesta sesión Antón Lado, director de 2.0 Editora, e Manuel Bragado, director de Xerais. Os dous editores son tamén directivos da AGE.
Un foro aberto que pretende implantar a cultura da cooperación e o intercambio intra e intesectorial. Unha ferramenta de utilidade para resolver e darlle resposta ás túas demandas profesionais. Un instrumento para o debate e a interacción.
Segunda sesión : 30 de outubro.
Fonte: AGE