Proxecto didáctico ‘Os dereitos do neno e da nena’
O programa Bocaberta de Política Lingüística fará gozar aos máis pequenos cos contacontos, obradoiros e teatriños de Os dereitos do neno e da nena. O proxecto didáctico OS DEREITOS DO NENO E DA NENA, organizado por Baía Edicións en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística realizaranse durante un prazo de tres meses, de outubro a decembro, un mes en cada cidade e centro comercial; nun horario de seis a oito horas, nos centros comerciais O Porto Centro de Ocio de A Coruña, Ponte Vella de Ourense e As Termas de Lugo.
Esta campaña pretende achegar e promover o emprego do galego entre os máis pequenos a través dun programa de contacontos e obradoiros baseados na colección de libros infantil Os dereitos do neno e da nena, de Baía Edicións escrita por Teresa Sabaté e ilustrada por Carme Solá, colección de carácter didáctico dirixida a rapaces de máis de catro anos que relata diversas aventuras que lle suceden aos personaxes coas que se pretende que os máis pequenos se vexan identificados, conseguindo a través das ilustracións espertar o seu interese pola lectura en lingua galega, ademáis de promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno e trasladarlles outros valores de vital importancia para o seu futuro como o compañeirismo, a xustiza, a igualdade entre mulleres e homes…, sendo único material similar existente en lingua galega. Ao final das sesións de Os dereitos do neno e da nena, os monitores farán entrega do libro que corresponda a ese día, repartindo un exemplar a todos os rapaces participantes nas sesións.