Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.

Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo coas súas amigas e os seus amigos.

Queres coñecelo?

Rodribico aprende a voar

Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.

Rodribico e o mar

Un día un salmón faloulle dun lugar no que sempre había festa e diversión. Como xa imaxinas, Rodribico non perdeu oportunidade de ir coñecer ese interesante lugar.

Rodribico visita a cidade

Un día fálanlle dun lugar cheo de cousas que andan sobre rodas e fan “Piiiii” e “Poooo”… e, intrigado, aló vai o Rodribico

Rodribico e a noite

Unha noite que non podía durmir decidiu dar un paseo e descubriu que hai animais que nunca dormen pola noite. Pero… cres que Rodribico lle ten medo á noite?

Rodribico vai ao circo

Unha solleira mañá, un circo instálase preto do seu niño. Por suposto, Rodribico non pensa deixar escapar a ocasión de ir ver o animal máis fero do mundo… Uff, que medo!!