Roteiro Literario pola “aldea esquecida” de Abuín con Natalia Carou

O alumnado do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas visitaron a “aldea  esquecida” de Abuín, a orixe da trama de O alento nas Costas

Foron recibidos pola autora, Natalia Carou, quen os guiou na ruta e conversaron arredor do libro O alento nas costas e do lugar.

Aproveitaron a viaxe para facer unha visita polo casco histórico de  Rianxo, o Museo do Mar, o Museo Manoel Antonio e pola tarde foron ver o Mosteiro de Armenteira, de gran importancia na trama do libro.

Deixamos unhas fotos da entrada á aldea e da autora, Natalia Carou, guiando o camino:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na Galipedia podedes ver información sobre a aldea e a lenda, da que xa falara Castelao en Cousas. Clica AQUÍ