Saleta eo seu avó están totalmente decididos a acabar coa “Fadita fosca”
Saleta e o seu avó están totalmente decididos a acabar coa “fosca”, como di a pequena Saleta. A mosca, pola súa parte, asiste sorprendida desde o alto da libraría ao espectáculo que lle proporcionan.
Imaxes semellantes veranse a miudo en moitas casa do país, que deixan constancia da loita “corpo a corpo” entre humanos e o díptero, iso si, sen pesticidas.
Sabíades que:
As moscas forman parte de case todos os ecosistemas, en todos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza no medio ambiente e na sociedade humana son de importancia excepcional, porque xunto cos mosquitos e só despois do home e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte no planeta. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo cólera, dengue, disentería, febre amarela, malaria, salmolenose e febre tifoidea; e causan perdas significativas na produción de froitas e outros vexetais.
As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de paxaros, ras, e outros réptiles, morcegos, arañas e insectos varios. Moitas moscas participan tamén na polinización das plantas.
Fonte: Baía Edicións e Galipedia