Sobre a orixe das Virxes da Costa da Morte, en As crebas, outro xeito de andar ao mar
Na presentación de As crebas. Outro xeito de andar ao mar na libraría Couceirto, Francisco Fernández Naval explicounos onte a súa teoría sobre a orixe de certas imaxes da Virxe nas Igrexas da Costa da Morte.
A libraría Couceiro converteuse nunha feira, pois tod@s levamos as nosas crebas para compartir e vender.
Francisco, un home de interior reconvertido a crebeiro, explicou a teoría que lle ronda da cabeza sobre a orixe inglesa de certas imaxes de virxes dos retablos barrocos da Costa da Morte, algunha das que pode ser que chegaran por mar, tiradas desde algún barco despois da prohibición do culto mariano derivada do luteranismo.
Acompañados de Soledad Pite -iniciada e atraída sen remedio por Chisco– a este mundo crebeiro e Manuel Rodríguez, o primiero periodista que publicou unha reportaxe sobre o tema (ver La Voz de Galicia, 2006), as historias de crebas e crebeiros fluíron alegre e misteriosamente, desde a tradición na nosa literatura a outras historias do atlántico, pasando polo enigma do Kursk e a gutapercha e coa homenaxe ao maior crebeiro galego, Man.
Mesmo se troxeron á memoriamultitude de obras literarias e cantigas populares que reflicten a devoción e misterio que envolve moitas das virxes; velaquí unha:
cando apareceu na ría
descalciña pola aldea
viña chea de alegría“
Recomendamos a lectura do libro, pois levaredes sorpresas.
Fonte: Baía Edicións