Entradas

AGADIC convova o 24º premio Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, convoca o 24º premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o 10º premio Manuel María de literatura dramática infantil e o 13º premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018.

Acompáñase a convocatoria correspondente (en galego e castelán), publicada no Diario Oficial de Galicia o 28 de decembro de 2017 (DOG nº 245).

O prazo de recepción de orixinais remata o 10 de maio de 2018.​

BASES

Seis estudantes da USC, premiados co Álvaro Cunqueiro

Seis estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acadaron o premio ao mellor traballo académico de xornalismo gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ que concede o concello de Lalín e que está considerado entre os máis relevantes de España no seu xénero.

Sandra Couso, David Fontán, Miguel García, Mateo Codesido, Patricia Domínguez e Ainhoa Alzola son os artífices do proxecto Cocidopedia, recoñecido polo xurado por presentar “de xeito dinámico e innovador” unha proposta que achega o xornalismo á gastronomía.

Os propios promotores definen Cocidopedia como un lugar de encontro para todas aquelas persoas interesadas en achegarse “ao apaixonante mundo do cocido, comida estrela da nosa cultura gastronómica”. Cómo se prepara un cocido, as propiedades culinarias, as súas orixes ou a evolución histórica son algúns dos contidos que se poden atopar e co que dar resposta a moitas cuestións de interese sobre o famoso prato e a atmosfera que o envolve. A páxina inclúe entrevistas e reportaxes en diversos formatos, primando o audiovisual.

Fonte: El Correo Gallego