Ana María Galego Gen recibe o V Premio Meiga Moira coa novela ‘Bandeiras Negra’
A novela Bandeiras Negra, presentada baixo o lema “Mago Chalupa” que resultou ser da autoría de ANA MARÍA GALEGO GEN, recebeu por unanimidade do xurado “V Premio Meiga Moira” de Literatura Infantil e Xuvenil por:
1) Supor a recuperación do xénero clásico de aventuras e máis en concreto, das narracións de piratas.
2) Incorporar unha perspectiva novidosa na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller travestida de home.
3) Darlle nova vitalidade ás personaxes da Illa do Tesouro e, en especial, por completar os contornos e a personalidade da Figura de J. Silver.
4) Empregar unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.
5) Servirse dos mellores recursos da modalidade “page turner”, ao facilitar unha lectura continuada e implicar aos lectores no narrado.