A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”, un ciclo de conferencias que inclúe ademais a celebración dun roteiro pola cidade:
PROGRAMA:
- Sábado 27 de xaneiro ás 11:30 h: Roteiro “As mulleres das Irmandades da Fala”, no que se lembrará a Micaela Chao Maciñeiras, Elvira Bao Maceiras, María Miramontes, Amparo López Jean… Guían o roteiro Mercedes Queixas Zas, secretaria da AELG, e Mª Xosé Bravo, presidenta da A. C. Alexandre Bóveda.
- Mércores 31 de xaneiro ás 19:30 h.: charla María Barbeito, unha vida dedicada, a cargo de Ana Romero Masiá, historiadora, investigadora e ensinante.
- Luns 5 de febreiro ás 19:30 h.: charla “Unha historia urbana da Coruña”, a cargo de José María Cardesín Díaz, sociólogo, profesor da UDC e investigador do Grupo Estudos Territoriais.
- Xoves 8 de febreiro ás 19:30 h: charla “Umha panorámica geral da história do movimento obreiro na cidade e as greves”, a cargo de Carlos Velasco, historiador, investigador e profesor da UDC.