A plataforma Kalaiki, de Arnoia, innova a distribución de libros
ARNOIA Distribución, empresa 100% galega, unha das distribuidoras máis grandes da península Ibérica e a máis grande do sector do libro de Galicia, vén de botar a andar un proxecto innovador na cadea de distribución do libro, unha alternativa ós modelos de negocio das xigantes multinacionais americanas, segundo explican nunha nota de prensa.
Segundo a información distribuida por ARNOIA a plataforma Kalaiki aproveita a capacidade de chegada a tódalas tendas, pequenas e grandes, para lanzar un proxecto complementario ás súas actividades de distribución habitual. Até o de agora o obxectivo da distribuidora era “a satisfacción das librarías no menor tempo posible con “stock físico” de libros (libros xa impresos e colocados nun almacén), con oferta de multitude de editores, ao que agora se suma o “stock virtual” (PDFs que serán imprimidos baixo demanda)”. Actualmente ARNOIA distribución conta cunha carteira de 1.625 editoras en stock que fornece en 24 horas a tódalas tendas do Estado e de Portugal (algúns días máis en exportacións, dependendo do destino).
Kalaiki súmase a outros servizos innovadores
ARNOA contaba xa cun serviizo exprés de entrega de libros en stock e o servizo de impresión baixo demanda( impresión de un só libro) e aos que se suma agora Kalaiki, unha ferramenta que a empresa galega concibe como un medio que permite aproveitar ao máximo a potencialidade do catálogo do editor “rescatando as obras que poidan ser reeditadas, sen custos de almacenamento nin asumir riscos de investimentos innecesarios en reimpresión de unidades adicionais das edicións dispoñibles no mercado, ou ben das edicións de dubidosa rendibilidade para o editor”.
O sistema permite que cada editor poida contar cunha relación de publicacións na web www.kalaiki.com, e se hai encomendas das tendas poder imprimir os libros nas cantidades de demandadas, de tal forma que os libros poden estar rapidamente dispoñibles ao público. A ferramenta permítelle ao editor ter ao seu dispor a oferta e a xestión do seu catálogo con seguimento actualizado das vendas
Arnoia tamén conta cos selos editoriais Edicións do Cumio e Ellago Ediciones.
Fonte: AGE