Entradas

Fina Casalderrey Fraga, elixida nova académica

Fina Casalderrey (Pontevedra, 1951) é autora de máis de medio cento de obras traducidas –entre outras linguas- ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.

A nova académica ten participado ademais, ao longo da súa longa experiencia como docente, en numerosos proxectos de investigación pedagóxica e de promoción do galego no ensino.

A súa incorporación á Academia supón, asemade, un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura.

Páxina persoal da nova académica.

Na mesma sesión do plenario, acordouse nomear académico correspondente ao historiador da ciencia, Xosé Antón Fraga Vázquez.

Fonte: Real Academia Galega

Un de cada catro títulos rexistrados en marzo foi un ebook

No mes de marzo rexistráronse no ISBN 8.238 títulos, dos que  2.114 foron dixitais, o 26%. A porcentaxe de libros dixitais rexistrados no primeiro trimestre do ano 2012 situouse no 22%, superando a  media do ano 2011 (17%).

No mes de marzo incrementáronse as cifras de catalogación de Ebook en todo o territorio do Estado. Os datos do primeiro trimestre foi  de 5.203 libros dixitais, dun total de 24.173.

Cómpre sinalar que práctica totalidade dos libros rexistrados en marzo xa se catalogaron co índice de materias internacional IBNC, o novo estándar adoptado polo sector do libro en España para clasificar de maneira normalizada as materias publicadas.

Fonte: AGE