Entradas

BAÍA ACTUALIZA OS MATERIAIS DA AULA VIRTUAL PARA O CURSO 2015-2016

No ano 2012, co obxectivo de complementarmos os materiais didácticos e textos dirixidos aos niveis educativos de secundaria e bacharelato, Baía Edicións crea a AULA VIRTUAL, proxecto que nace coa idea de facilitarmos tanto ao profesorado como ao alumnado todos os recursos didácticos e materias educativos dos que se dispón de cada un dos libros de texto publicados na actualidade.

Desde esta plataforma pódense descargar materiais para o uso do profesorado, Proxecto curricular establecido e a Programación proposta para cada unha das disciplinas como materiais complementarios de axuda ao profesorado no seu labor didáctico e pedagóxico diario nas aulas tan só co seu REXISTRO.

Debido aos cambios que se están a producir neste momento, convivimos con dúas leis: LOE e LOMCE. Dependendo do curso o libro de texto terá que rexirse pola LOE ou pola LOMCE, e aí os diferentes apartados que se presentan na nosa Aula Virtual. Actualmente contamos con:

Ciencias SociaisLOE

Matemáticas

Economía

Valores éticos

Filosofía Bach.LOMCE

Xeografía e Historia LOMCE

Física e Química

Lingua e literatura

Grego

En cada un dos títulos se especifica o material dispoñible e como descargalo así como información do que se atopará despois de realizar a descarga. Actualmente e, debido a que o currículo definitivo aínda non está dispoñible, contamos con varias mostras dos diferentes proxectos que ofertamos para o próximo curso escolar 2015-2016, que poderán descargarse gratuitamente para a súa visualización.

Baía segue traballando na creación de novos materiais interactivos! En breve… na  AULA VIRTUAL!

Núñez Seixas analiza os estereotipos que marcaron os galegos na Arxentina

Honestos e traballadores, pero intelectualmente limitados. O retrato dos galegos emigrados na Arxentina debuxouse historicamente a través do filtro dunha serie de estereotipos que non deixa ao pobo galego moi ben parado, pero que máis aló deste colectivo ilustran as dificultades de integración social e cultural dos inmigrantes europeos nas sociedades de América Latina. Disto da conta a última obra do historiador galego Xosé Manoel Núñez Seixas, que vén de ser publicada pola editorial universitaria gala Franche-Comté.

Icônes litteraires et stéréotypes sociaux. L’image des immigrants galiciens en Argentine (1800-1960). Analiza os clixés que marcaron os galegos que fixeron as maletas na procura dunha vida mellor no Cono Sur. En Arxentina, chegaron a representar o 15% dos europeos que se asentaron nas súas terras entre 1840 e 1950.

Fonte: El Correo Gallego