Entradas

Xa podemos descargar o LibreOffice 3.6 en galego

O paquete LibreOffice 3.6.0 chegou onte á súa versión final, estando dispoñible para a súa descarga en galego nas súas versión para Windows, para Mac OS X e para Linux, grazas en boa media polo traballo da comunidade de tradución ao galego por un grupo de voluntarios encabezados por Antón Méixome, dende o que advirten que na versión actual non funciona a corrección ortográfica, engadindo que se corrixirá coa versión 3.6.1 da aplicación (aínda que tamén pode corrixirse o fallo manualmente).

Entre as melloras de LibreOffice 3.6.0 está a integración con Alfresco vía protocolo CMIS, integración limitada con SharePoint, a posibilidade de exportar PDF con marcas de auga, editar ficheiros de só lectura, un filtro de importación para documentos de CorelDraw, un deseño máis limpo (eliminando bordes 3D nas regras e barras de estado) e claro da interface e melloras no tema GTK.

Fonte: Codigocero