Celebramos o Día da Narración Oral con Paula Carballeira e A Burra Ramona na Libraría Biblos
A Burra Ramona, o último libro publicado de Paula Carballeira foi o conto elixido por Baía Edicións
para conmemorar este día tan sinalado, coincidente coa entrada da primavera. Paula fíxonos pasar unha boa tarde e animounos a participar, mesmo cantando, pois Paula entende a narración como un acto colectivo.
Xosé Tomás fixo o posible por seguila coas ilustracións, cousa non doada e amosounos como a imaxe pode acomnpañar a palabra de forma armoniosa. Ao final, Tomás animounos a reinterpretar as cores do libro, que levamos para a casa en pequenas láminas para colorear.
Como é habitual neles, a Libraría Biblos estaba perfectamente prepararda para a ocasión, cunha exposición coas láminas do libro.
Grazas desde Baía pola tarde tan estupenda, da que deixamos algunhas imaxes.