Entradas

Gran éxito do libro galego de ocasión

O libro galego de ocasión conta xa cunha experiencia de éxito grazas á colaboración do Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e aos editores galegos.

A fin de semana pechouse cunha notable asistencia de público maioritariamente familiar. Puxéronse á venda  648 títulos dos máis diversos xéneros a prezos exclusivos para esta tenda outlet, que demostrou que a venda do libro galego de ocasión vai ser unha oportunidade e que a súa saída depende da visibilidade e da promoción. A feira tamén foi unha estupenda plataforma para as editoriais representadas. Vendéronse moi ben os libros infantiles e xuveniles pero tamén a narrativa e o ensaio.

O magnífico espazo habilitado na entrada da cidade tamén foi o escenario de actividades lúdicas de fomento e animación á lectura.  A colaboración entre editores, libreiros e institucións municipais pode dar aínda moito xogo durante o ano 2012.

Fonte: AGE

Presentación na Coruña de ‘O Pazo Máxico’

Baía Edicións presentou na Coruña O Pazo Máxico. A túa primeira Escola de Maxia. Para promocionalo o autor e ilusionista Pedro Volta realizou un espectáculo de escapismo, en homenaxe a Harry Houdini, no que se liberou dunha camisa de forza colgado a 30 m de altura. Tivo lugar o mércores día 5 de agosto de 2009, ás 18:15 horas, no Obelisco. A continuación se realizou o acto de presentación do libro na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) ás 19:00 horas. Read more

Feira de Boloña 2010

Baía Edicións participou na FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE BOLOÑA 2010, o evento profesional destas características máis importante do mundo. Read more

Alfombriña

Contacontos realizado na biblioteca pública da Sagrada Familia do libro de Infantil-Xuvenil Alfombriña da colección Contos da igualdade no ano 2008.

Read more

Achegarte 2011

Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico. Read more

Quen é Rodribico

Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.

Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas.

Queres coñecelo? Se é así visita a súa páxina web RODRIBICO. Nela poderás atopar toda a información sobre este paxaro tan simpático! Contarás con MATERIAL DIDÁCTICO con actividades divertidísimas para realizar na propia web e con MATERIAL DESCARGABLE para que todas as nenas e nenos poidades pintar, debuxar, colorear, contar, facer careta, encrucillados…. DIVÍRTETE CON RODRIBICO!