Entradas
Presentación dupla: Modelos de lingua e compromiso e A poesía oculta de Filgueira Valverde
/en Educación, Novas, Recomendamos /Esta tarde, no marco da Feira do Libro da Coruña presentaremos dous ensaios, Modelos de lingua e compromiso, obra na que Gorreti Sanmartín, Laura Tato, Manuel Ferreiro e Xose Ramón Freixeiro, coordinados por Xose Manuel Sanchez Rei, todos investigadores do grupo ILLA, achegan as súa reflexións sobre a calidade da lingua.
En paralelo Xosé Ramón Freixeiro presenta os resultados da súa investigación sobre a obra do autor homenaxeado no Día das Letras e desvela a autoría de 2 poemas en A poesía oculta de Filgueira Valverde
De seguro dará para o debate, estades todas e todos convidadas; será ás 19:00
Baía Edicións na Feira do Libro da Coruña
/en Novas, Recomendamos /Como cada ano, Baí Edicións estará presente na Feira do Libro da Coruña no stand da distribuidora, Consorcio Editorial Galego, onde poderedes ver e adquirir os nosos libro e novidades, tamén presentes nos stands das nosas mellores librarías.
Destacamos as obras que se presentarán na Feira:
Martes 4 ás 19:oo, presentación da última obra da colección Baia Verde, A horta sen químicos, de Xan Pouliken.
Mércores 5 ás 19:oo, dupla presentación de dous ensaios nos que particpa o profesor Xosé Ramón Freixeiro: A poesía oculta de Filgueira Valverde, estudo do profesor que demostra a autoría de 2 poemas antes atribuídos a Noriega Varela e Modelos de lingua e compromiso, obra colectiva coordenada por Xosé Manuel Sanchez Rei que afonda na importancia da calidade da lingua en distintos ámbitos.
Tamén poderedes ver outras novidades, como a obr gañdora do Barriga Verde infantil, O lobo e a lúa, de Andrea Bayer.
Empezou a Feira do Libro da Coruña
/en Novas, Recomendamos, Uncategorized /A Coruña, 1 de agosto de 2015.- A cidade herculina acolle desde hoxe e ata o vindeiro 10 de agosto a cuadraxésimo cuarta edición da Feira do Libro Novo da Coruña, que foi inaugurada esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; polo alcalde do municipio, Xulio Ferreiro; e mais pola presidenta e o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez e Pedreira.
As novidades editoriais que ofrecen as librarías participantes xunto con preto dun cento de actividades para lles achegar o libro e lectura a todos os públicos centran a nova edición deste evento, da que o secretario xeral de Cultura destacou o nivel e o importante número de escritores e escritoras que volverán participar, un ano máis, nesta cita de referencia co libro e a cultura en Galicia.
O acto de apertura da feira, que contou co pregón de Mercedes Queixas Zas e mais coa actuación da Banda Municipal de Música da Coruña, dará paso a partir desta tarde ao inicio do programa de actividades. Os xardíns de Méndez Núñez serán o escenario durante os próximos días de numerosas presentacións e sinatura de libros.
Stands
Berbiriana, Editores Coruñeses, El Faro de los Tres Mundos, IGN-CNIG, Espazo do Lector Nobel, Librería Cascanueces, M. Moleiro Editor, Libraría Couceiro, Praza do Libro, Komic Librería, Ediciones del Viento/Reino de Cordelia, 7 Mares Libros, Brea, Edelvives-Tambre, Aenea, Santos Ochoa, Consorcio Editorial Galego, Nobel Burela, Libraría Pedreira, Libraría Cartabón, Luzes, Áncora Libraría, Hegar, Alita Comics, Librería Molist, A Serpe Edicións, Librería Arenas, Xiada, Nova Galicia Edicións, Ler Probra do Caramiñal, Librería Formatos, Siloé, Librería Roget, M. Couceiro Librarías e Editorial Eneida participarán na nova edición da feira, que permanecerá aberta en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá (agás na fin de semana, que se amplía ata as 14:30 horas) e de 18:00 a 22:00 horas.
A Biblioteca Pública Miguel González Garcés, de xestión autonómica, volve contar cun espazo propio na feira, a través do que lle achegar ao público os seus servizos e no que as persoas interesadas terán ocasión de realizar in situ o carné da biblioteca.
“Chisco” Fernández Naval presentará As crebas. Ouro xeito de andar ao mar nas IX Xornadas de Pesca do Pindo.
/en Novas, Recomendamos /Bo Día do Libro Infantil, deixamos un enlace a contos e actividades para celebralo
/en banner, Novas /Busca “Xoga e aprende con Rodribico” na nosa web e pasa un bo día coas historias e actividades que se propoñen.
Ah! e non esquezas voar coa túa imaxinación!
Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.
Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas.
Neste enlace poderedes acceder aos cinco títulos da colección e a novos contidos e actividades
http://www.baiaedicions.gal/rodribico/index.php?option=com_content&view=article&id=63&Itemid=53
http://www.baiaedicions.gal/galego/infantil-xuvenil/rodribico.html
Rodribico aprende a voar
Rodribico e o mar
Rodribico visita a cidade
Rodribico e a noite
Rodribico vai ao circo
De como costume de Chisco e Maribel de mirar paxaros derivou en “andar ás crebas” e deu lugar a este fermoso libro
/en Galería de imaxes, Novas, Recomendamos /As Crebas. Outro xeito de andar ao mar (2014), Francisco Fernández Naval e Maribel Longueira. Baía Edicións
Despois deste longo inverno de temporais continuos, a chegada do bo tempo permitiranos descubrir polas praias galegas multitude de obxectos que deitou o mar, auténticas xoias de fascinación e misterio. Falamos das Crebas (ou quebras) definidas, para quen descoñeza o termo, así no diccionario da RAG: Restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa.
Neste libro, Francisco Fernández Naval e Maribel Longueira recollen e harmonizan o material de análise e estudo que foron xestando en diversos foros e proxectos desde que descubriran a palabra crebas das súas veciñas de Sestelos, dando así nome a unha actividade que levaban anos practicando no concello de Carnota. E co descubrimento do termo fixéornse donos das crebas -como dicía Cunqueiro- e desdencadeuse a marea de estudo, análise e creatividade que deu lugar a algunha proposta científica sorprendente reflectida neste libro, que recomendamos.
Todo neste proxecto é fascinación e descubrimento, pois como alega o autor no prólogo …”que fai alguén dunha provincai interior coma min, tentando explicar e interpretar algo tan oceánico? Cando empecei a descrubir o mundo, cando aprendín o fermosa que pode ser a actividade de observar paxaros, alguén me dixo o importante que era aprender a ver e sempre, sempre, sentir. Quizais todo se reduce a iso, no bosque interior ou no aberto areal.” Fermoso!
Case 2.500 escolares estrearán o libro electrónico o próximo curso
/en Educación, Novas /Educación creará para os seus centros unha plataforma de contidos dixitais
No marco do proxecto Abalar, un programa de informatización dos colexios que arrincou no 2010, o Consello da Xunta deu onte o primeiro paso para implantar en Galicia o ensino dixital integral. O Goberno autónomo aprobou un programa para os próximos tres anos que, xa o curso que vén, suporá para case 2.500 escolares da comunidade a desaparición dos manuais de texto tradicionais, os de papel. No seu lugar, empezarán a utilizar os chamados libros electrónicos. Almacenarán, lerán, repasarán e estudarán as leccións en pequenos ordenadores portátiles que a Administración facilita ás clases adscritas ao Abalar, nestes momentos, 2.296 pertencentes a 536 centros.
Cun custo de 3,6 millóns de euros, a Consellería de Educación creará unha plataforma virtual de contidos curriculares completos desde a cal os nenos, en horario lectivo e usando a conexión a Internet dos seus colexios, poderán descargar aos seus computadores todos os materiais formativos que precisan para cursar as materias correspondentes. Logo en casa, sen necesidade de dispor de liña telefónica, poderán consultalos. E todo iso, de xeito gratuíto.
Para cando o despregamento do sistema alcance o ciclo 2016-2017, a Xunta estarase a aforrar dous millóns de euros en axudas a familias para a compra de libros de texto normais e os pais dos nenos beneficiarios deste avance, outros 2,5. É dicir, en total, de acordo con estimacións oficiais, 4,5 millóns de rebaixa no gasto.
Durante o primeiro curso de posta en marcha da ferramenta, o 2014-2015, os alumnos que traballen só con manuais dixitais sumarán practicamente 2.500, tanto de quinto de primaria como de primeiro da ESO. No segundo incorporaranse outros 7.500 das mesmas idades e tamén do ciclo intermedio (sexto). E no terceiro engadiranse 12.500 máis, incluíndo xa usuarios de segundo de secundaria. En global, polo tanto, serán uns 22.500 dentro de tres exercicios.
¿En que colexios comezará a aplicarse este novo método? Ao longo dos próximos días, Educación publicará no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria en virtude da cal esa incógnita empezará a quedar despexada. Iso si, só poderán concorrer aqueles centros que xa se acolleron ao Abalar.
A falta de completar devandito trámite, o xefe do Executivo autónomo xa saca peito. «Estamos iniciando unha nova era no ámbito educativo, a pesar das dificultades económicas», proclamou onte Alberto Núñez Feijoo, en comparecencia de prensa ao termo do Consello.
Fonte: La Voz de Galicia
Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres
/en Educación, Novas, Recomendamos /Pepe Carreiro ofrécenos outra obra da, até o momento, triloxía da nosa Historia en pequenas doses concentradas; esta vez refereida a mulleres.
Co seu peculiar sarcasmo e rigor histórico, Pepe Carreiro fai un percorrido pola historia das mulleres galegas, dun xeito resumido, como antes o fixera con Historia da Lingua e Historia de Galicia.
En breve nas mellores librarías.
Fonte: Baía Edicións
A Burra Ramona, en Santiago, da man de Paula Carballeira e Xosé Tomás
/en Galería de imaxes, Novas, Recomendamos /Deixamos algunha imaxes da presentación na tenda Nikis en Santiago, con Paula Carblleira e Xosé Tomás estreado a camiseta de Ramona!
Mentres que Paula contaba a historia da burra e nos facía traballar a tod@s as presentes, Xosé Tomás afanábase en seguirlle o ritmo e debuxar, tarefa non doada!!!
Nenas e nenos con máscaras seguían tamén a historia, mesmo axudaban a recreala. A tod@s nos gustou moito Ramona!
Agora a prepararnos para a seguinte presentación, o sábado 22 en Betanzos e sei que irá Ramona.