Entradas

Fantástica tarde-noite en #Pardiñas na presentación de Ferreñas e Rock and Roll

Fantástica tarde-noite en #Pardiñas, por xentileza da veciñanza de Pardiñas e da Asociación Cultural #Xermolos, que levan anos amosando unha tenacidade e amor á nosa terra e artistas locais, que xa quererían para si moitos outros colectivos, co Festival de Pardiñas como evento máis visible e coñecido, pero que non é o único.

Pasada a corentena do festival, nesta LXI edición semella que a pandemia mundial lanzaba outro reto a estas activistas da cultura, mulleres e e homes bravos que non descartaron a súa celebración, aínda que algo cambiada.

Ademais doutras actividades ao longo do mes, o sábado 29 xuntaron na súa #CasadasArtes a #Ramón Vilar, “O Canteiro de Pardiñas”, quen nos falou do seu proceso creativo, a #SitoCarracedo quen converteu a presentación do libro “Palleta maldita” nun auténtico seminario sobre o seu traballo de lutier (a min sorprendeume a explicación da transformación dunha pequena castaloña) e a escola na que está formando a outras veciñas e veciños, e Laura Romero e Iria Pedreira, que, acompañadas por Mónica e Belén, falaron do proceso  creativo e de investigación  que levou á publicación de “Ferreñas e Rock&Roll”, libro que recupera a memoria das nosas músicas galegas pioneiras.

Mais como Festival que é, o día rematou coa música de MJPérez, que nos fixo esquecer a friaxe da noite malia ter que permanecer sentadas.

Como se indica na parada do autobús que hai á entrada, Pardiñas facendo Historia… non hai pandemia que poida co tesón e ganas de celebrármonos.

Parabéns e grazas por converter a vosa #CasadasArtes nunha casa para compartir; sabemos das dificultades para mantela, pero despois da fermosa exposición que tedes, non temos dúbida de que seguirá en pé e mellorando.

Laura Romero foi protagonista total desta edición do festival, participando no deseño do cartel, das camisetas, na presentación de Ferreñas e finalmente tocado o baixo con MJPérez.

O 9.º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DECLARADO DESERTO

Reunido na cidade da Coruña o sábado día 1 de agosto de 2020 o xurado do 9.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado por Baía Edicións, composto polas escritoras Marica Campo, que actuou como Presidenta, Ánxela Gracián, gañadora da 8.ª edición en 2018, coa novela As voces da auga, pola profesora e crítica literaria, María Dores Fernández López, polo escritor Pere Tobaruela, gañador, tamén, da 8.ª edición en 2018, coa novela Auga e Lume, e pola directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que actuou, asemade, como Secretaria, acordou, por unanimidade e con moito pesar, DEIXAR DESERTO o Premio Meiga Moira deste ano 2020.

Esta decisión foi adoptada porque ningún dos vinte orixinais recibidos atende as características para ser merecedor do galardón por unha ou varias das seguintes razóns fundamentais: baixa calidade literaria dos orixinais, descoidado uso da lingua empregada nos textos presentados e/ou por non axustarse ás franxas de idade ás que se destina o premio.

Aí estabas ti, mais eu non o sabía

Iniciaba eu a adolescencia, descoñecía, nuns casos ou non existían no vocabulario ao uso da época noutros, o significado de conceptos como nación sen estado, colonizada, feminista, diglosia, androcentrismo, conciliación, violencia de xénero, empoderamento e outros moitos pero xa me emocionaban as músicas de Fuxan os ventos e deixaban unha forte pegada en min algunhas das súas cancións, poemas que falaban dun mundo que si coñecía ou (re)coñecín nesas letras coas que me sentía identificada.

Así, á menor oportunidade cantaba, mal pero con moita paixón, algúns dos seus temas máis coñecidos. Gustaba especialmente –moi especialmente Marica– de “Muller”, pero tamén de “O carro e “O aradiño de pao que enlazaban de cheo coas miñas orixes rurais da montaña coruñesa; gustaba de “Irmaus” mais tamén de “Fame, soidade e bágoas”… con esta última sentín que “tiña futuro e tiña mañá porque Galiza empezaba a espertar”, cando menos en min.

Axiña souben que Manuel María era o autor dese “Carro”, que o “Irmaus” solidarios o escribira Celso Emilio … mais tardei algo máis en saber que outras moitas cancións que remexían a miña conciencia, como o “Aradiño de pao” ou a “Fame, soidade e bágoas” tiñan letras nas que participabas parcial ou totalmente ti, Marica Campo, e especialmente esa “MULLER” que máis me emocionaba porque me incorporaba, de forma explícita, aínda que fora pola boca dun home, na historia do pobo galego como MULLER, filla de emigrantes que son…

Como podía ser que non soubera que estabas ti detrás desa letra, Marica Campo? Semella inxusto ese descoñecemento selectivo por xénero, querida amiga.

Como pode ser que tardara máis en saber da autoría dos teus poemas, algúns referidos especialmente a min como muller cando si a coñecía dos outros? Sabes, sabemos, aínda que non o falemos acotío, que non podo atribuír a causa exclusivamente á miña ignorancia, senón ao contexto social, onde se non se tratara dunha festa homenaxe o que me leva hoxe a escribirche, poderiamos pararnos a debater sobre alienación ou o androcentrismo, por empezar por algures.

Pareime un pouco nas letras, Marica, porque non debería ser que escribiras máis de 20 poemas para musicar e tivera, hai unha semana, que pedirche me enviaras unha relación porque non daba encontrado a información completa, outra mostra máis do ocultamento das mulleres, desta vez na escrita.

Anos despois coñecinte en persoa, desta vez como autora do fermoso poemario Tras as portas do rostro e do libro de relatos Confusión e morte de María Balteira, que eu promocionaba de forma apaixonada no meu recente traballo na empresa Bahia Edicións mentres cantaba no coche as letras desas cancións túas.

A promoción da túa obra tróuxome moita felicidade e o relato “Confusión e morte de María Balteira” deume a oportunidade de conectar máis aló da relación de traballo con moitas mulleres galegas, profesoras dos centros de ensino deste país coas que tomaba café nos institutos falando dese relato e dos outros que se inclúen no libro do mesmo título, así como doutras mulleres e cousas que nos interesaban como tales… trouxo a sororidade aínda que eu non sabía que o era, mesmo creo que non se usaba ese termo por entón. E quero pensar que trouxo tamén un pequeno cambio que se amplifica ao trasmitirse e manterse no tempo, pois estou segura que o alumnado adolescente non quedou indiferente coa lectura da túa obra.

Voume parar un pouco en Confusión e morte de María Balteira, publicación que sabes adoro, tirando das palabras da profesora e galicianista Kathleen March, que di do seu estilo:

“[…] vai levado por un ritmo de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa obra entre muller, mundo vexetal e mundo animal” e porque as personaxes que aparecen nos outros relatos do libro, mulleres xuntas pero diversas nun único volume, son protagonistas activas que toman as súas decisións e non un mero adorno natural, real ou imaxinario e, por suposto, podemos ver a poeta detrás deses relatos pois a exquisita e rica linguaxe amósase cun gran ritmo poético, as palabras bailan coa narración, e iso é só unha parte da calidade literaria desta obra.

E aínda me deterei un chisco máis no relato da Balteira para destacar tres aspectos:

  • Recuperas maxistralmente unha figura histórica das cantigas profanas galego portuguesas, María a Balteira.
  • Preséntasnos esta muller libre, sexualmente activa e que decide sobre o seu corpo e a capacidade de ser nai, e amosa unha relación de poder con respecto aos homes, algo inaudito no momento.
  • Mais tamén a imaxinas vella, con medo á morte e recorrendo á súa amiga, deixando patente a importancia da solidariedade entre mulleres.

Desde a súa publicación en Bahia Edicións, en xuño do ano 1996, foi tal a calidade e impacto do texto orixinal que derivou nunha obra de teatro, varias lecturas dramatizadas, catro edicións e varias reimpresións, así como nunha edición crítica no ano 2006. Hoxe, 22 anos despois, a obra segue a manter todo o interese e vixencia.

Para min, Marica, es ante todo unha poeta, pero pégaslle con habelencia a todos os paus da escrita con variados rexistros, como mostra o teu traballo, ademais de en Confusión e morte de María Balteira, noutras obras como a novela Memoria para Xoana (Espiral Maior), na adaptación teatral d’O divino sainete (Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior) e tamén nos títulos de literatura xuvenil que foches escribindo, E Xoel aprendeu a voar (Alfaguara Obradoiro), Noutra dimensión (Ed. Galaxia), Abracadabras (Ed. do Castro), mais, desde o meu modesto punto de vista, interesado, ben é certo, nos relatos que aparecen en Confusión e morte de María Balteira e que te fixeron de sobra coñecida, querida Marica, fas un repaso polos sentires e faceres, reais ou imaxinarios das mulleres galegas na historia, que non é pouco e que te honra.

Hoxe non podo deixar de mencionar tamén a túa xenerosidade, sempre disposta a colaborar alí onde te chaman, mesmo dando comida e durmida na túa casa da Mariña, que tamén o era de Teresa Cabello, como fixeches comigo… Mais, por desgraza, quero facer ver que se todo o traballo que fixeches o fixera un home, serías moito máis recoñecida do que o es… e ben o sabes.

Por iso tamén dou os parabéns ás compañeiras de A Sega por escollerte este ano como “Galega nas letras” e pola iniciativa en xeral.

Despídome co desexo de que o “Alí estabas ti, mais eu non o sabía” co que principiei a miña homenaxe se converta para ti, Marica, e para todas as mulleres en “Alí estabas ti, Marica Campo, e ben que se notaba” porque a “Muller” que tantas veces cantei viña da túa man e os relatos incluídos en Confusión e morte de María Balteira contan historias do que somos, sentimos e nos pasaron a moitas mulleres, e tamén son obra de Marica Campo.

Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións

[Texto lido o 15 de agosto na homenaxe a Marica Campo organizado pola A Sega en Lugo].

Belén López, directora de Baía Edicións, participa hoxe nas II Xornadas – ‘Desfacendo a raia’ de GÁLIX

Hoxe, 13 de decembro, celebra Gálix un novo acto propio. Nesta segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia, queremos desfacer máis fronteiras aínda e engadimos esta xornada centrada na memoria das mulleres na LIX.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 09:45.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. Debido a iso, convidaron á nosa directora, Belén López Vázquez, que explicará os motivos que nos levaron a crear a colección CONTOS DA IGUALDADE O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Fonte. GÁLIX

Preparadas para reclamar o desenvolvemento da Lei do Libro

Unha delegación formada por 65 persoas pertencentes ao sector cultural galego chegan este martes a Bruxelas para visibilizar a situación da cultura galega e denunciar que, “por ignorancia ou desinterese” das diferentes institucións, a nosa cultura está sendo “agredida” ao igual que “está sendo agredida a idea dunha Europa dos pobos, xusta e solidaria”. Así llelo explicou ás representantes da Comisión Europea, que recibirán o mércores á delegación galega dentro do Parlamento Europeo, no marco dunhas xornadas de exposición e debate organizadas pola eurodeputada Lídia Senra, representante de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe).

Antes da programación no Parlamento Europeo, as actividades dentro desta misión a Bruxelas comezaron xa este martes pola tarde, cunha gala de benvida no Centro Galego de Bruxelas La Tentation, con diferentes presentacións e actuacións artísticas galegas. No acto proxéctase o documental Porta para o exterior, coa presenza dos seus directores, José Ramom Pichel e Sabela Fernández. Tamén haberá un recital literario con Chus Pato, Oriana Méndez, Teresa Moure, Xabier Xil, Xavier Queipo e Xabier Cordal, acompañados por Abe Rábade ao piano. Tamén actuará Uxía, xunto a Sergio Tannus, Sani Cribeiro ou Isaac Palacín, e pechará o espectáculo Ruth Balbís.

Para o mércores serán as xornadas de debate e reivindicación sobre a cultura galega no Parlamento Europeo, que se prolongarán durante todo ese día e até o xoves ao mediodía. En diferentes mesas nas que se abordará a situación que atravesa a creación e distribución cultural galega, os dereitos da cidadanía a acceder á cultura e o dereito das e dos traballadores a vivir disto, a produción en lingua galega, a cultura de base, o patrimonio cultural, e tamén haberá tempo para intercambiar impresións con persoas de experiencias culturais doutras nacións sen Estado como son o País Vasco ou Irlanda.

…….

Fonte: Praza Pública

Belén López, directora de Baía Edicións, fala da colección de CONTOS DA IGUALDADE no programa A Revista

Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións, analiza a Educación en Valores a través dos títulos da colección CONTOS DA IGUALDADE. Con esta colección Baía pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Os títulos da colección son os seguintes:

UN DÍA DE TREBOADA. Autora: María de Mata. Ilustradora: Mariana Riestra.

XELA VOLVEUSE VAMPIRA!!. Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Noemí López.

ALFOMBRIÑA. Autora e ilustradora: Cristina Ferreirós.

O MENIÑO NITO. Entón, os homes choran ou non?. Autora: Sonia Rosa. Ilustradora: Macus Romero.

NERA, A FERREIRA. Autora: Imelda Barrio Santamaría. Ilustrador: Andrés Meixide.

A editora Belén López fala da colección CONTOS DA IGUALDADE no programa A REVISTA da televisión galega. O día 23 de marzo de 2015 a partir do minuto 15:30. Para visualizalo clica AQUÍ.

 

Baía Edicións, unha das editoras galegas que representará ao sector do libro na Feira do Libro de Fránkfurt

A edición da Feira do Libro de Fránkfurt contará coa presenza de quince profesionais do sector do libro, representantes das nove empresas que se desprazan entre o 7 e o 12 de outubro á cidade xermana de Fránkfurt onde se celebra o evento do libro máis importante do mundo.

A Consellería de Cultura patrocina o stand galego, realizado pola empresa galega Escenoset, e anunciou a presenza na feira do ilustrador Xosé Tomás. A Asociación Galega de Editores asinou un convenio coa Cámara de Comercio de Santiago para organizar unha visita dos profesionais do sector. Esa colaboración conta co apoio dos Fondos Feder e da parte correspondente de fondos nacionais a través dun convenio entre a organización gremial e a  Consellería de Cultura.

Catálogo de dereitos dispoñibles          

Os editores e outros profesionais do sector pertencen ás empresas Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Ediciones del Viento, KNS Ediciones, Hércules de Ediciones, Ouvirmos, Baía Edicións, Edicións do Cumio, Distribucións Arnoia e a propia AGE, que vén de elaborar un catálogo de dereitos dispoñibles dos editores asociados, publicación que conta con formatos en  dixital e papel.

A AGE conta na súa axenda con diversas citas e entrevistas con diversos axentes internacionais do sector do libro.

Fonte: AGE

Baía Edicións rumbo á Feira de Fránkfurt

Brasil desembarca fachendoso en Fránkfurt, sabendo que protagoniza a feira do libro máis importante do mundo nun intre fundamental da súa historia, anos de recuperación identitaria, revolucións sociais, economía emerxente e moito, moito bagaxe de traballo intelixente para ser e estar  no mundo. Máis de sete mil stands e 170.000 profesionais están acreditados na Feira do Libro de Fránfurt do ano 2013. Galicia conta cun stand de 16 m2 patrocinado pola Xunta de Galicia e no que se expoñen os libros dos editores que traballan este ano no evento: Baía Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Kalandraka e MCSport. A Asociación Galega de Editores leva concertadas diversas citas profesionais con asociacións de editores de diversos países, entre os que está a edición iraní.

Brasil  total 

A diversidade e a mestizaxe da súa cultura son as ideas centrais que Brasil quere exportar ao mundo e se reflicten tanto no lema co cal se presentan en Fránfurt: “Brasil, un país cheo de voces”, como no seu pavillón de 2.500 metros cadrados deseñado pola escenógrafa Daniela Thomas e o  arquitecto Felipe Tassara. Arte, deseño, arquitectura, música, actividade intelectual, cultura popular e relación entre o patrimonio literario e  o xeito de vida en Brasil, dixo Thomas.  O programa brasileño complétase con 480 mostras, obras de teatro, ciclos de cine e recitais antes e despois da feira.

Fonte: AGE

Baía debullará o funcionamento do traballo editorial na escola privada de ilustración ‘O neno amarelo’

O neno amarelo, o personaxe creado a finais do século XIX polo norteamericano Richard F. Outcault, pioneiro do cómic, dá nome á escola privada de ilustración que vén de iniciar a súa andaina en Santiago de Compostela. A iniciativa arranca con dez alumnos que se achegarán á ilustración no contexto do mundo editorial, tanto de xeito teórico como práctico.O neno amarelo, que celebra as súas sesións cada venres en San Martiño Pinario, nace da colaboración de Xosé Tomás, Miguel Vázquez Freire e Diego Rosales. Os tres coincidiron na revista Golfiño e dende anos desenvolven diversos proxectos conxuntos arredor da ilustración e o seu significado pedagóxico. Xosé Tomás, profesor e ilustrador, ocúpase da parte práctica, pero avanza que a teoría tamén ten unha cota do 50?% no programa deseñado pola escola. «O debuxo é unha técnica, que practicando se perfecciona, pero igualmente importante é que o traballo naza da reflexión e dos coñecementos da comunicación mediante a imaxe», explica Xosé Tomás. En consonancia, as sesións inciden moito nos conceptos de semiótica visual, de historia da arte e do valor da imaxe en proxectos de carácter formativo.

No programa do curso figuran cuestións de índole narrativa, como a elipse, a formación dun criterio propio para discriminar as ilustracións malas das boas, ou o traballo do debuxante ante a chegada da edición electrónica, entre outras materias. Ademais das sesións con Xosé Tomás e Vázquez Freire, están previstas varias clases maxistrais. O escritor Xabier P. DoCampo e o ilustrador Xosé Cobas visitarán O neno amarelo para detallar como é a relación creativa que se establece entre o autor das palabras e o das ilustracións dunha obra.

Edición e dinamización

Outras achegas abordarán aspectos máis centrados na xestión, pero igualmente importantes. Mercedes Cerdeiras, directora da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, falará do percorrido dunha obra xa publicada, mentres que a directora de Baía, Belén López, debullará o funcionamento do traballo editorial. Precisamente Baía colabora tamén con O neno amarelo elixindo a un dos alumnos -que realizarán un proxecto final baixo a titoría dos profesores- para ilustrar un álbum de xeito profesional.

O neno amarelo supón a aparición da segunda escola privada galega orientada á ilustración, xunto con O garaxe hermético, posta en marcha en Pontevedra por Kiko Da Silva, máis orientada ao mundo do cómic.

Fonte: La Voz de Galicia

Yolanda Castaño pregoeira da Feira do Libro da Coruña

O día 1 de agosto inaugúrase nos Xardíns de Méndez Núñez a 42 edición da Feira do Libro da Coruña. Intervirá como pregoeira a escritora Yolanda Castaño. A organización da 42 edición da feira do libro máis importante de Galicia conta con gran cantidade de actividades para todos os públicos. Os nenos -as contarán cunha semana enteria dedicada á música infantil.
Programa de actos

Día 1. Xoves
12.30 Inauguración da 42 Feira do Libro .
Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
Intervencións institucionais.
Pregón da escritora coruñesa Yolanda Castaño.
13.30 Firman Yolanda Castaño e Xosé Tomás na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
17.30 Presentación da nova Plataforma de comunicación enogastronómica: www.benbo.eu e Revista BenBo. Participan no acto Miguel Vila, director gastronómico, Tono Mugico, de producción e edición e Ana Trevisani, directora comercial en Galicia do Forum Gastronómico.
18.30 Presentación do libro Cociñando coas razas autóctonas, de Rocío Garrido Caramés (receitas) e o Equipo Técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA.
19.00 Ignacio Bermúdez de Castro firma na caseta de Librería Arenas.
19.00 Pilar García Negro firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
19.15 Presentación do libro O fillo de Maciste, do actor e autor Paco Campos, publicado por Edicións Gallebook. Participan no acto o autor do libro e un representante da editorial.
20.00 O escritor Luís Rei Núñez presenta o seu libro Días que non foron, publicado por Edicóns Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.
20.00 Juan Mariñas na caseta da Libraría Nós.
20.00 Firma de Bautista Álvarez na caseta de Libraría Pedreira.
21.00 Presentación do libro Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Pilar García Negro.
Día 2. Venres
12.00 A feira infantil. Escola de maxia. Obradoiro de maxia realizado por Cucarandainas.
12.30 Pablo González Mariñas firma na caseta de Librería Arenas.
13.00 Presentación do libro Depor Vida, dos xornalistas Rosabel Candal e Xerardo Porto, editado por Sonradiofusión e a Asociación de Amizade coa Radio Local. Participarán no acto os autores e Henrique Sanfiz, de Radiofusión.
18.00 Tucho Calvo asina na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro)
18.30 Francisco Fernández Naval firma na caseta de Librería Arenas.
19.00 Presentación do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Luís Ferreiro, Mercedes Queixas, Luís Ferreiro e Manuel Bragado.
20.00 José Juan Picos firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 José Luís Pardo Caeiro firma na caseta da Libraría Nos.
20.00 Luís García Soto firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
20.00 Presentación do libro Bagoa de Lúa, de Sabela González, publicado por Editorial Galaxia. Xunto coa autora, participará no acto Francisco Castro.
20.00 Firma de Antón Riveiro Coello na caseta de Libraría Pedreira.
21.00 A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria, con Chisco Fernández Naval , autor de Noite branca, publicado por Edicións Xerais de Galicia, gañadora do Premio Irmandade do Libro 2012 ao libro do ano e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto, publicado po Editorial Galaxia. Modera Xerardo Agrafoxo.
Día 3. Sábado
12.00 Presentación do libro Nicomedes o pelado dos autores Pinto & Chinto, publicado por Kalandraka. Xunto cos autores, participará no acto o escritor e profesor Xosé Manuel González “Oli”.
13.00 A feira infantil. Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por Nova Galicia Edicións.
18.30 Alejandro Ferreira Suárez firma na caseta da Libraría Molist.
18.30 O escritor, xornalista e académico Xosé Neira Vilas presenta os seus libros Cancela aberta publicado por Edicións Xerais de Galicia e Aquel neno, publicado por Edicións Embora. Xunto co autor, participarán nas presentación os directores das editoriais, Manuel Bragado e Miguel Toval. Ao remate do acto o escritor asinará exemplares dos libros e do resto das súas obras.
19.00 Representación en el palco de los Jardines de Méndez Núñez, el espectáculo Los hijos de Mary Sheelley, coa participación de Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e Raquel Lanseros no programa de poseía, acompañados do grupo de rock H de Ada que porá música aos poemas e a actuación da actriz e soprano Ruth González, interpretando no monólogo de Vanessa Monfort, Sirena negra. O acto está presentado, cordinado e dirixido poolo escritor Fernando Marías.
19.00 A escritora María Ángeles de Celis asinará exemplares do seu libro Las damas de la Moncloa, publicado pola editorial Espasa Calpe.
19.00 Alberte Blanco Casal firma na caseta de Libraría Nóbel Universal.
20.00 Pedro Feijóo asina exemplares do seu libro Os fillos do mar na caseta da Libraría Nos.
20.00 Presentación do libro Raíz de fenda, de Berta Dávila, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Dores Tembrás, Manuel Bragado e a autora do libro.
21.00 Presentación do libro As pontes do ego sum, publicado por Ir Indo Edicións.
21.00 Cesar Antonio Molina firma na caseta da Librería Arenas.
Día 4. Domingo
12.00 O escritor Elías Prada Galán asinará exemplares do seu libro El piano cuántico na caseta da Libraría Aenea.
12.30 A feira infantil. A Vinchuca Cuca. Divertido contacontos realizado por voluntarias da ONG Médicos Sen Fronteiras, baseado nun relato do libro Qué me pasa, Ntumba sobre enfermedades raras.
12.30 Rocío Leira firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
19.00 Abdouyale Bilal Traoré presenta o seu poemario do libro Oculto al sol, editado por Bubok Publishing S.L. e a Fundación Cuñas Casabellas. Xunto co autor participará no acto de presentación Olga Patiño Nogueira. Bilal Taoeré intervirá coa súa música nas dúas presentacións.
19.45 Presentación do libro Reunión (relatos breves,con ilustracións de Santiago Caneda), do escritor Santiago Caneda Lowry, publicado pola Asociación Gallega de Arte Contemporáneo Monty4. Xunto co autor, participarán no acto Xavier Seoane e Jesús Montero.
20.00 Almudena Solana firma na caseta da Libraría Nos.
20.30 Presentación do libro A cociña dos Cunqueiro, publicado por Editorial Galaxia. Participan no acto César Cunqueiro, Miguel Vila e Víctor Freixanes.
Día 5. Luns.
12.30 A Feira infantil. Actividade da Editorial Edi’mater. Contacontos – obradoiro Vamos a viajar 1 y 2. Encontro coa editora e ilustradora Marina Seoane, e coa escritora e ilustradora Sally Curring arredor dos seus libros Leonardo, el avión valiente e Floro, el globo aerostático.
18.30 Firma de Marina Seoane na caseta da Librería Aenea.
18.30 Firma de Sally Cutting na caseta de El Faro de los Tres Mundos.
19.00 Máis Luzes para Galicia. Xornalismo e cultura en crise. Participan o escritor Manuel Rivas e o xornalista Xosé Manuel Pereiro.
19.00 A escritora Teresa Ferreiro asinará exemplares do seu libro Un bulto en la mama, publicado por Ediciones Obelisco.
19.00 César Gorin firma na caseta da Librería Molist.
20.00 Firma de Manuel Rivas na caseta de información da feira.
20.00 María Millero firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 Xosé Lois Ripalda firma na caseta de Librería Nos.
20.00 Presentación do libro Lambetadas de Larpeiros, de Merchi Rodal, publicada por Editorial Galaxia. Participan no acto Cermeño e Benigno Campos.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Cantaruxa coa Bruxa Maruxa, con Uxía.
21.00 Presentación do libro La dignidad de la vida humana, de Magdalena del Amo, publicado por La Regla de Oro Ediciones.
Día 6. Martes.
12.30 A Feira infantil. Espectáculo de contos Será como un bosco realizdo por Avoa Youja.
11.30 O fotógrafo coruñés Vari Caramés asinará libros na caseta da Libraría Cascanueces.
18.00 Presentación do libro infantil Fadita Fosca, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baía Edicións. Participará no acto, xunto cos autores, Belén López Vázquez, editora.
18.30 Firma de Marina Seoane na caseta de El Faro de los Tres Mundos.
18.30 Firma de Sally Cutting na caseta da Librería Aenea.
19.00 Presentación do libro A neve e o lume da escritora Chelo Suárez publicado por Baía Edicións. Xunto coa autora, participan no acto Marica Campo e Belen López Vázquez.
19.00 O xornalista Manuel Loureiro asinará exemplares do seu libro La asombrosa conquista de la Isla Ballena, publicado por Eurisaces.
19.00 Juan José Picos Freire firma na caseta de Librería Molist
20.00 Natalia Sanmartin Fenollera firma na caseta da Libraría Nos.
20.00 Xulio López Valcárcel firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
20.00 Presentación do libro Bícame Franck, Miguel Anxo Fernández, editado por Galaxia. Participarán no acto o autor, Alba Sotelo, Ángel de la Cruz e Víctor Freixanes.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Rosalía pequeniña, con Uxía.
21.00 Presentación do libro El lejano reino de la Vía Láctea, de Ramón Loureiro, publicado por Edaf. Xunto co autor, participará no acto Ramón Pernas e Milagros Frías.
Día 7. Mércores.
12.30 A Feira infantil. Espectáculo de monicreques Os libros do titiriteiro, realizado por A Xanela do Maxín.
18.00 Presentación do libro O carballo, de Carlos Silvar, publicado por Baía Edicións. O ilustrador explícanos como debuxar una árbore. Tamén participa no acto a editora Belén López Vázquez.
18.30 Irene Sanjuán y Kike Gómez firman na caseta da Librería Cascanueces.
19.00 O escritor Alejandro Ferreira firmará exemplares do seu libro Tiempos difíciles, publicado por Ediciones Libertarias.
19.00 Presentación do libro dixital Man, o alemán de Camelle, de Beatriz Maceda Abeleiro publicado por Edicións Gallebook. Participan no acto a autora do libro e un representante da editorial.
19.00 Firma de Manuel Portas na caseta de Libraría Pedreira.
19.30 Alejandra Rodríguez Bueno e Ana Mª Pita Coira firmarán na caseta de Libraría Arenas.
20.00 Presentación do libro Faneca brava, do escritor Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor.
20.00 Teresa Cameselle firma na caseta dea Libraría Molist.
20.00 Antonio Seijas firma na caseta da Libraría Nos.
20.30 José Luís Gómez firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Toc – Toc , con Pablo Díaz.
21.00 Presentación (na carpa do Festival de Música Infantil) do libro Na língua que eu falo, de Najla, publicado por Editorial Galaxia. Xunto coa autora, participará no acto Víctor Freixanes.
21.00 Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.
Día 8. Xoves.
12.30 A feira infantil Presentación do espectáculo de títeres Lume, una adaptación de Teatro Babaluva inspirada nun texto de Alberto Varela Ferreiro
19.00 Presentación do libro Todos os días, de Alberto Ramos, publicado por Sotelo Blanco Edicións, na súa colección Medusa Narrativa. Premio Risco de Creación Literaria 2012.
19.00 Jacobo Feijó firma na caseta de Libraría Molist.
20.00 Víctor J. Andrés firma na caseta de Librería Molist.
20.00 Jacobo Fernández Serrano firma na caseta da Libraría Nos.
20.00 Manuel Rivas firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
20.00 A editorial Espacio Cultural Editores fará una representación teatralizada do libro Piel de salitre, do escritor Juan Mariñas. Participa no acto a compañía Teatro na casa.
20.00 Manuel Loureiro firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Animales encantadores, con Susa Herrera.
21.00 Presentación do libro Resina de poliéster, do escritor Xabier Correa Corredoira, publicado por Baía Edicións.
Día 9. Venres.
12.30 A Feira infantil. Atividade bilingüe de relatos e manualiddes a cargo de Sara Canal e Pablo Otero, arredor do seu libro Cuatro ojos – Four eyes, publicado pola editorial Eurisaces. Os autores asinarán exemplares do seu libro na caseta da librería El Faro de los Tres Mundos.
19.00 A escritora Begoña Peñamaría fará a presentación do seu libro Dejadme marchar, publicado por Editorial Inéditor. Xunto coa autora do libro, participará no acto Susana Veiga, responsable editorial.
19.00 Genma Sesar, El Patito, e Ramón Marcos firman na caseta da Libraría Molist.
19.00 Xabier López López firma na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
19.30 Santiago Vázquez firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 Marina Seoane firma na caseta da Libraría Nos.
20.00 Escribir en galego para que nos lean en todo o mundo. Coloquio cos escritores Francisco Castro, Xabier López López e Álex Bilbao, escritor e editor de Libros de Pizarra. Modera o acto Mercedes Queixas Zás.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Ola,Ola,la! con Mamá Cabra.
21.00 Presentación e firma do libro A nosa botica, de Miguel Mosquera Paans, publicado por Edicións do Cumio.
Día 10. Sábado.
12.30 A Feira infantil. Teatro Babalúa presenta o seu espectáculo de títeres Babacontos.
18.00 Saulo Mars firma na caseta da Libraría Nos.
18.30 José Luís Durán firma na caseta de Librería Arenas.
19.30 Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro Donde está tu destino, publicado por Ediciones Carena.
19.30 Francisco Pillado Mayor firma na caseta da Libraría Couceiro.
20.00 Lemos, cantamos, gozamos. Semana de música infantil na Feira do Libro. Bicos de música, con Mamá Cabra.
20.00 Isabel Blanco firma na caseta de Librería Arenas.
20.00 Nieves Abarca firma na caseta da Libraría Molist.
20.00 Raquel Vázquez, presenta o seu poemario Pinacoteca de los sueños rotos, publicado por Isla Varia Ediciones. Xunto coa autora, participará no acto Francisco Rodríguez Coloma.
21.00 Presentación del libro Los mejores poemas de amor, editado por Pigmalión Ediciones, S.L. Participarán no acto: Luz Pozo Garza, Olga Patiño Nogueira, Miguel Anxo Fernán-Vello, Chema Paz gago, Basilio Rodríguez Cañada e Antonino Nieto Rodríguez.
Xosé Taboada e Paco Campos intervirán coa música e voz en ambos os dous actos.
Día 11. Domingo.
11.30 O fotógrafo Gabriel Tizón firma na caseta da Librería Cascanueces.
12.30 A feira infantil. Espectáculo de maxia e contos Revolto de maxia e contos, a cargo de Fátima.
13.00 Encontros da literatura fantástica entre Contos Estraños e Urco Editora.
18.30 Presentación do libro Pedras de plastelina, de Moncho Iglesias, publicado pola Editorial Toxosoutos. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro na caseta da Libraría Cartabón.
A Editorial Redelibros presenta as seguintes novidades editoriais:
19.30 Presentación do libro Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado.
20.00 NA PONTE AO VIVO. O radio … visual de Ponte nas Ondas, conducido por Xurxo Souto con convidados/as do disco/libro/DVD.
20.00 Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide.
21.00 Presentación do libro Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira.
Os tres autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.
HORARIO
Mañás: 11.00 a 14.00 h.
Tardes: 18.00 a 22.00 h.

INSTALACIÓNS
Actividades en xeral: Carpa instalada detrás do calendario floral
Festival de Música Infantil: Carpa instalada diante do estanque dos xardins.
PARTICIPANTES
1. Librería Brea. 18. Libraría Pedreira.
2. Editorial Hegar 19. Editorial Galaxia
3. El Faro de los Tres Mundos. 20 Librería Cartabón.
4. CNIG – IGN. 21 Librería Kómic.
5. Librería Lector Nóbel Universal 22 Editorial Eneida
6. Librería Roget 23 Ler Librerías de A Pobra
7. Gran Enciclopedia Galega 24 Libros Para Soñar
8. Librería lector Nobel Burela 25 A Serpe Edicións Bibliofilia
9. Áncora Libraría 26 Librería Xiada.
10. M. Moleiro Editores. 27 Librería Aenea
11. Librería Nós 28 Consorcio Editorial Galego
12. 7 Mares Libros 29 Librería Cao.
13. Editorial Tambre / Edelvives 30 A Serpe Edicións
14. Librería Arenas 31 Librería Cascanueces
15. Libraría Couceiro (Pza. Libro) 32 Volúmen Cultural
16. Editorial Txalaparta 33 Librería Molist.
17. Librería M. Couceiro (Rda. Outeiro) 34 Ed. del Viento/ Rey Lear/Reino Cordelia
35. Outlet Federación de Librarías de Galicia
36. Biblioteca Infantil
37 Información

Fonte: AGE