Artigos

Hoxe arranca en Área Central a VIII Feira do Libro infantil e xuvenil galego

  • Paralelamente á venda de libros a feira conta cun programa de actividades paralelo para os máis pequenos como o espazo de lectura e pintura que se atopa no centro ata o domingo de 17:00 a 20:00 horas.
  • O ecoloxista Anxo Moure encargarase hoxe, venres, de entreter a grandes e pequenos co contacontos,“O carballo con botas: a música das árbores”

Por oitavo ano consecutivo, e dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra cada 2 de abril, Área Central coverterase desde hoxe, venres, na sede das letras gallegas dirixidas aos máis novos coa celebración da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego.

Durante tres días, a partir de hoxe, e ata o domingo, a esquina vermella de Área Central acollerá a oitava edición desta feira xa consolidada e organizada polo Consorcio Editorial Galego e na que cada vez participan máis editoriais. Baía Edicións, Toxosoutos, Oco, Kalandraka, Espiral Maior, Embora, Laiovento, Alvarellos, Sotelo Blanco Edicións ou Biblos, entre outras moitas, porán os seus libros á venda, ademáis de celebrarse paralelamente actividades para os máis pequenos.

Así, polas tardes, entre as 17:00 e as 20:00 horas, habilitarase un espazo de lectura e de pintura e hoxe venres, o ecoloxista chantadino, Anxo Moure, divertirá a a partir das 19:00 horas a pequenos e maiores cunha sesión de contacontos sobre o mundo das árbores, “O carballo con botas: a música das árbores”. Trátase dunha historia na que tata de facer reflexionar a grandes e pequenos sobre o coidado do medio ambiente.

Tampouco faltarán os monicreques que, como todos os primeiros sábados de cada mes, volverán este sábado para facer as delicias de grandes e pequenos a partir das 19.00 horas. Na sesión, titulada “O dragón glotón”, os rapaces participantes terán que ensinarlle ao dragón glotón a non comerse as cousas dos demáis.

O Consorcio Editorial organiza un Outlet do libro en Compostela

Primeiro foron Editores de Compostela, logo a Asociación Galega de Editores e agora unha distribuidora. Consorcio Editorial, participada por Baía Edicións, Sotelo Blanco Edicións e a extinta A Nosa Terra organiza un outlet do libro en Compostela, no que se poderán adquirir exemplares descatalogados, restos de almacén e outros volumes das editoras que distribúe esta firma a prezos rebaixados. O centro comercial Área Central acolle este evento, que se prolongará desde 1 ata o vindeiro 17 de febrero.

Polo momento contan con arredor de 17.000 volumes de trece selos editoriais, entre eles os fondos da desaparecida A Nosa Terra. Os libros poranse á venda en lotes de 2 libros por 5 euros, 5 por 10 euros, e prezos de 5, 10 e 15 euros. O mercado está aberto entre as 10 da mañá e as nove da noite.