Entradas

Nova regulación sobre dereitos de autor para os campus virtuales

Desde o 4 de novembro as universidades españolas non necesitan dispoñer da licenza de CEDRO polas copias parciais de libros e revistas que colgan nos seus campus virtuais. Con todo estes centros manteñen a obrigación de remunerar aos autores e editores por estas reproducións.

Incluída na reforma da Lei de Propiedade Intelectual, aprobada o 4 de novembro de 2014, esta disposición, recollida no artigo 32.4, entrou en vigor o día 4. Con esta norma preténdese facilitar ás universidades o respecto aos dereitos de autoría e á lexislación que os regula.

Carme Riera, presidenta de CEDRO, considera que o novo marco legal supón unha «nova oportunidade para que as universidades incumplidoras respecten os dereitos de autoría».

Beneficios para os alumnos e profesores. Esta nova regulación, baseada nun límite ao dereito de autoría, beneficia aos profesores e aos alumnos posto que lles ofrece seguridade xurídica.

A partir de agora o persoal docente pode colgar para o uso dos seus estudantes copias de libros e artigos de revistas no campus virtual sen necesidade de preocuparse de se a súa universidade dispón da autorización necesaria. Estas copias teñen que cumprir unha serie de condicións:

  • Poden representar ata o 10 por cento do libro ou a revista.
  • Ten que ser utilizadas por profesores e alumnos con fins educativos.
  • Téñense que facer con medios propios da universidade.

A cambio disto, as universidades teñen que remunerar aos autores e editores, a través das súas entidades de xestión (CEDRO e VEGAP).

FONTE