Artigos

Inician unha campaña para que os propios usuarios traduzan o Wasap ao galego

Unha quedada nas redes, especialmente a través de Twitter, animou o ágora dixital onte. O mandato era piar (publicar comentarios) a favor de traducir a aplicación Wasap -destinada a chatear nos teléfonos de última xeración- ao galego. A partir das cinco da tarde, abriuse a veda e Twitter encheuse de mensaxes a favor da ‘galeguización’ do Wasap.

Nesta tradución dos termos en inglés, pode participar a comunidade. Como primeiro paso, debe entrar en Whatsapp.

Alí, deberá indicar o seu nome, email así como a linguaxe ao que quere traducir. Neste caso, galego. Despois, hai que facer click na lapela “gardar cambios” ou “save changes”.

Aparecerá outra páxina na que deberá elixir se vai traducir o WhatsApp para Android, Blackberry ou Nokia, entre outros.