Entradas

25.000 galegos co dereito recoñecido non cobran a axuda

A viceportavoz do G.p do BNG, Ana Luísa Bouza presentou hoxe, ante os medios de comunicación, unha iniciativa pola que interpela ao Goberno galego sobre os novos recortes na atención á dependencia.

A parlamentaria asegurou que en Galiza existen 25.000 persoas que, a pesar de ter  recoñecido o seu dereito á prestación seguen sen percibila e que  ademais, son familias que atenden a dependentes afectadas polos copagos farmacéuticos, a redución do transporte sanitario, o material ortoprótésico e a inminente subida do IVE en determinados produtos”.

Asemade, a deputada insistiu na obriga do Goberno galego a poñer en marcha algunha medida que compense o deterioro de ingresos e servizos destinados ás persoas maiores dependentes,”hai menos servizos, hai máis listas de espera para prestacións e menos axudas económicas polo que pediu sexa reclamado ante o Goberno do Estado o 50% do custe.

Na súa intervención, Bouza tamén lembrou que no mes de decembro de 2011, o Goberno que dirixe Mariano Rajoy anunciou a suspensión “durante un ano” da incorporación de novas persoas beneficiarias da Lei de dependencia, pero no an o 2012, esta atención, está a padecer “un grave deterioro” que –ao seu xuízo- “pode ser corrixido con decisións políticas diferentes”.

Fonte: Galicia confidencial

Foto: Xoán A. Adoitar