Seleccionados os artistas que farán parte do Estudo Aberto do proxecto Enredarte
Enredarte é unha proposta coa que a Deputación de Lugo que tocar varias pólas da arte contemporánea: residencias artísticas en espazos da súa rede museística, por en valor os fondos destes centros e, ao mesmo tempo, xuntar a creadores consagrados canda novos valores. Esta semana, o comité de selección púxolle nome e acara ás persoas que farán parte do Estudo Aberto dese proxecto, encamioñado a converter a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun obradoiro dun artista que o público pode visitar. Os seleccionados para a residencia de xullo son Reme Remedios, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro, Gema López, Elena Gaztelumendi e Lomarti; mentres que para os de agosto están Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herran, Senén Olano, Ruth Montiel Arias. Como suplente queda designada Isabel Alonso.
Fonte: Culturagalega