Entradas

Comeza en Barcelona a Feira LIBER

LIBER, a Feira Internacional do Libro, vai ter lugar en Barcelona os días 1, 2 e 3 de outubro, no pavillón 8 do recinto de Montjuic-Plaza de España de Fira de Barcelona. A trixésimo segunda edición do evento continúa, segundo os organizadores, no camiño da renovación iniciada o pasado ano, sen perder as características esenciais que tivo dende os seus inicios:  potenciar a actividade exportadora das empresas expositoras e ser o ponto de encontro e reflexión do sector.

LIBER 2014 está promovida pola  Federación de Gremios de Editores de España e organizada por Meeting y Salones (CZFB). No acto inaugural estarán presentes diversas personalidades da vida politica, social e cultural catalana, así como a  vicepresidenta do goberno español.

Máis de catrocentas editoriais

Xavier Mallafré. Presidente de la Federación de Gremios de Editores de España  (FGEE) e presidente de LIBER, sinalou que  “iniciamos una nueva edición  de LIBER decididos a dar nuevos pasos para consolidar LIBER como plataforma para el desarrollo del negocio editorial español fuera de nuestras fronteras y como lugar de encuentro de las opiniones, ideas e iniciativas que nos han de permitir afrontar los retos que se nos plantean como  sector”.

A 32ª edición da Feira  Internacional do Libro contará coa participación de mais  de 450 editoriais e empresas do sector  procedentes de 60 países. LIBER 2014 prevé a asistencia de 10.000 profesionais,  un 20 % deles internacionais.

A presidenta da AGE, Laura Rodríguez Herrera participa nos actos programados.

Fonte: AGE