Entradas

Comeza a Feira do Libro de Pontevedra 2013

A Feira do Libro de Pontevedra desenvolverase no Paseo de Odriozola desde o 22 ao 26 de maio. Os stands de exposición e venda de libros estarán abertos de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas. A fin de semana o horario será de 11 a 14.30 e de 17 a 21.30 horas. Os autores asinarán exemplares dos seus libros nos espazos das librerías no evento.

Programa da Feira 

22 de maio. Mércores.

18.00 Contacontos: O Cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz, actividade organizada por por Nova Galicia Edicións.

19.00 Inauguración. Actuación do grupo música tradicional Os Alegres, de Pontevedra Intervencións institucionais.Dentro dos actos inaugurais, espectáculo cómico – musical a cargo de Ratman & Bobyn.

19.00 Montse Fajardo asinará exemplares do libro Matriarcas ns caseta de Libraría Paz.

20.00 Santiago Lopo asinará exemplares do seu libro Hora Zulú, publicado por Editorial Galaxia, na caseta da Libraría Paz.

20.00 Pilar Martínez asinará exemplares do seu libro A Galiña roxa, publicado por Kalandraka Editora, na caseta de Libraría Seijas.

20.00 Teatro Antroido representa Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, charla posta en escena entre a actriz Laura Ponte e o dramaturgo e fillo do autor, Roi Vidal Ponte.

23 de maio. Xoves.

18.00 Contacontos: Un reino complicado, a cargo de Fátima Fernández, na caseta da Biblioteca da feira.

18.00 Presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada. Participarán no acto Ramón Piñeiro (director artística) e Alejandro Vargas (compositor e director musical), que interpretará varias cancións do disco.

18.30 Nieves Abarca asinará exemplares dos seus libros Crímenes exquisitos e Martiryum na caseta de Cronopios Libros

19.00 O escritor Ramón Caride, presenta o seu libro Endogamia 0.2 (segunda entrega do proxecto AKTUAL, da colección Fóra de xogo), publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán no acto Manuel Busto, Fran Alonso e o autor.

20.00 Presentación da novela Faneca brava, do escritor Manuel Portas, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Antón Sobral e Fran Alonso.

24 de maio. Venres.

18.00 As marionetas do mundo e os mundos de Barriga Verde. Charla coloquio sobre os títeres galegos realizada por Comba Campoy, investigadora sobre a tradición de títeres galegos e Anxo García, titiriteiro e recuperador do espectáculo de Barriga Verde.

Presentación do DVD – libro Morreu o demo, acabouse a peseta, publicados pola Asociación Cultural Morreu o Demo.

19.00 A escritora Fina Casalderrey asinará exemplares do seu libro Fiz o coleccionista de medospublicado por OQO Editora, na caseta de Libraría Seijas.

19.00 O escritor Manuel Loureiro asinará exemplares de Apocalipsis Z, de Panini, na caseta de Libraría Paz.

19.00 Presentación do libro As lambetadas dos Larpeiros, publicado pola Editorial Galaxia, coa participación de Merche Rodal, autora do libro, o escritor Xosé Cermeño e Francisco Castro, representante da editorial.

20.00 Presentación do libro +cd + dvd De roda en roda. Música e danzas do mundo, de Suso Cancela, Pilar SampilJavier Jurado, publicado por Editorial Galaxia. Participarán no acto Suso Cancela e Pilar Sampil. Ao remate, haberá unha demostración de danzas do mundo a cargo de bailadores e bailadoras á que poderá sumarse todo o público que o desexe.

25 de maio. Sábado

12.30 O escritor Pedro Feijóo asinará exemplares do seu libro Os fillos do mar

13.00 Obradoiro de maxia: Escola de Maxía, impartido por Cucarandainas.

18.00 Contacontos na libraría Cronopios Libros.

18.00 Teatro Babaluva representa o seu espectáculo infantil Babacontos.

18.30 María Reimóndez asinará exemplares do seu libro En vías de extinción, publicada por Edicións Xerais de Galicia, na caseta da Libraría Paz.

19.00 Elena Gallego Abad na feira do libro. Sinatura encontro cos lectores da triloxía Dragal, (a serie do dragón galego), publicada por Edicións Xerais de Galicia.

19.00 Presentación do libro Feminismos de Olga Castro e María Reimóndez María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial e a autora do libro.

20.00 A escritora Valentina Formoso, presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Edicións Xerais de Galicia.

20.00 Kiko Dasilva asinará exemplares dos seus libros na caseta de libraría Seijas.

26 de maio. Domingo.

12.00 Alberte B. Casal asinará exemplares do seu libro Arcadia. Os gardiáns do secreto, publicado por Circulo Rojo Editorial, na caseta da libraría D-Lectum.

13.00 Contos para quitar os medos. Contacontos a cargo de Paula Carballeira

18.00 Actuación de Susa Herrera, coas cancións dos seus libros para nenos. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros Cabárceno, Animais encantadores e Todos os animais ao caixón, na caseta de Libraría Seijas.

19.00 Tomás Gómez Ahola asinmará exemplares do seu libro Galiza Mutante, poder nuclear, publoicado por Urco Editora, na caseta da Libraría Paz

19.00 Presentación do libro Nair, de José Estévez López, publicado pola editorial Redelibros. O autor falará deste libro e de Fugaz coincidencia, de mesma colección.

19.30 Presentación do poemario Viaxe sen cancelas, de Xesús Bermúdez Tellado, publicado pola editorial Redelibros.

20.00 Presentación do libro Nada se esquece, de Puri Ameixide publicado pola editorial Redelibros

A partires das 19.00 horas, os autores asinarán exemplares dos seus libros na caseta da Libraría Cartabón.

Fonte: AGE

Suspéndese a Feira do Livro do Porto do ano 2013 por falta de financiamento

A Cámara Municipal de Gaia anunciou esta quinta-feira estar receptiva a acoller a edición deste ano da Feira do Livro do Porto, cuxa celebración foi cancelada por falta de financiamento. Con todo, o vicepresidente da Associação Portuguesa de Editores e Livreiros (APEL), garantiu ó xornal Público que a feira do Porto non se vai realizar noutra  cidade.

Os responsables da Cámara Municipal do Porto afirmaron que non tiñan intención de que se perdera o evento do Porto, senón poder celebrar a feira deste ano.

Suspensión da Feira 

A APEL fixo público, o 18 de abril, a suspensión da actividade por non ter apoios económicos, ao non teren chegado a acordos coa municipalidade da cidade no prolongamento do apoio realizado nos últimos anos. As editoras e  livreiros participantes abonan un  total de 200 mil euros pola súa participación, no entanto a asociación asegura que os  75 mil euros que proviñan da autarquía son esenciais para levar a cabo o certame.

Fonte: AGE

Foto

O salón Viñetas augura «unha longa vida para o cómic galego»

«¿E cando se pode entrar?». Isto preguntaba ás sete e media da tarde de onte un dos nenos que facían cola ante o Quiosco Alfonso da Coruña. Acababa de ver entrar a Miguelanxo Prado, director de Viñetas desde ou Atlántico, varios debuxantes, o alcalde da cidade, Carlos Negreira, e un grupo de edís. Era a inauguración da décimo quinta edición dun salón que, segundo Prado, fusionou as «grandes figuras e os talentos locais» e, por todo iso, augura «unha longa vida para o cómic galego».

Este ano están invitados clásicos do cómic europeo como o catalán Rubén Pellejero e o serbio Guéra, ademais do Premio Nacional de Cómic polas serpes cegas, Bartolomeu Seguín; Homs, que traballa na adaptación a viñetas da triloxía Millenium, de Steig Larsson «e da que poderá verse un adianto»; o coruñés de adopción José Domingo, recente premio do Salón do Cómic de Barcelona coas súas Aventuras dun oficinista xaponés e o aclamado Frank Quitely, responsable do rexuvenecemento do home de aceiro co seu laureado All Star Superman. É un cadro de persoal de luxo a pesar das restricións: «Si que se nota a crise dentro, pero non vai repercutir no público», explicou en Radio Voz, Miguelanxo Prado. Para manter o nivel, recortou onde se podía prescindir: «Renunciamos a algúns aspectos que de cara aos autores eran acenos de identidade de Viñetas, cousas que nos diferenciaban doutros festivais, para poder manter intacto o cartel», di o debuxante en referencia á visita que cada ano realizaban cos autores invitados a Santiago ou á ausencia dunha nova figura de fibra de vidro baseada nun personaxe de cómic.

Manel Cranio destacou as actividades paralelas, como «48 obradoiros de cómic aos que asisten máis de douscentos nenos» e o alcalde Carlos Negreira reiterou o apoio municipal ao salón, «que está aberto a toda a cidade, queremos que toda a xente participe e ser unha cidade de referencia».

Fonte: La Voz de Galicia

Dezanove editoras participan na Feira do Libro de Madrid

A Feira do Libro de Madrid, que se celebrará entre o 25 de maio e o 10 de xuño no Parque do Retiro, contará nesta súa 71 edición, cunha nutrida presenza galega. Un total de dezaseis firmas da edición compartirán o espazo reservado pola Asociación Galega de Editores neste evento. Trátase de Ir Indo Edicións, Editorial Espiral Maior, Baía Edicións, NigraTrea, Editorial El Patito, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, Alvarellos Editora, Andavira Editora, Auga Editora, Edicións Embora, Hércules de Ediciones, MCSport, Sotelo Blanco Edicións, Editorial Toxosoutos e Editorial Linteo.

Canda a elas, as editoriais Kalandraka e Ediciones del Viento, así como a distribuidora Arnoia, terán cadanseu posto no evento, considerado un dos máis importantes a nivel estatal.

Fonte: Culturagalega

A Feira do Libro de Lugo estará aberta ata o domingo

O escritor Antonio Reigosa é o encargado de inaugurar o próximo martes, día 15, a Feira do Libro de Lugo. Serán cinco días de festa ao redor do libro nos que Paz Andrade terá, como non podía ser doutro xeito, un protagonismo moi especial;  a feira celébrase na semana das Letras, unha das máis importantes do ano para o sector do libro en Galicia.

Ouvirmos organiza obradoiros de cociña para rapaciños, unha actividade directamente relacionada coa colección de cociña  para nenos que a editorial luguesa promociona con éxito por diferentes lugares de Galicia. Tamén se vai presentar en Lugo Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, editado por Xerais, un éxito editorial da primavera, e unha biografía escrita por Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, O misterioso Doutor Saa.

Figuran no programa as presentación de  Hotel Cidade Sur, de Xerardo Quintiá; Medievalario, de Fran Zabaleta, autor que participará xunto con Xosé Miranda nun coloquio sobre novela histórica; e A comer, de Cristina F., que inclúe un obradoiro de letras galegas con masa de pan, para nenos de tres a dez anos de idade.

Na véspera do Día das letras galegas haberá unha lectura de textos do autor homenaxeado por parte de Marina Cillero, a escritora e profesora universitaria Carmen Blanco, a directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, e a xornalista radiofónica Tonina Gay.

Fonte: AGE

Preséntanse as programacións para o Día do Libro

A celebración, o vindeiro 23 de abril, do Día do Libro, está a animar a axenda cultural do país. Na coruña, o concello presentaba onte unha programación que inclúe a celebración da Festa do Libro, coa instalación de postos de venda e a realización de actividades nos Xardíns de Méndez Núñez desde hoxe. Outros actos previstos son a lectura pública dun manifesto e actividades nas bibliotecas completan as propostas para esta festa. Ademais, o 23 de abril comeza unha nova xeira do ciclo Poetas Di(n)versos, que arrincará con Veronika Dintinjana e Lino Braxe e continuará con Mark Strand e Cesáreo Sánchez Iglesias (21 de maio) e con Sudeep Sen e Francisco Fernández Naval (11 de xuño).

Pola súa banda, a Deputación da Coruña presentaba onte a III Semana do Libro e da Lectura, un programa que recupera a temática do Salón do Libro de Pontevedra e que terá nas supersticións o seu eixe deste ano. Entre o 22 e o 28 de abril, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá contacontos, exposicións, maxia e outras actividades.

En Gondomar iniciaban xa o pasado día 17 a V Semana do Libro e da Lectura, que ten como principal evento a celebración dunha sentada lectora na alameda local. Con este evento quérese reivindicar publicamente o acto de ler baixo o leme Onde hai libros hai futuro!.

A coincidir con esta data, o Concello de Santiago presentaba esta semana a súa Campaña de Animación á lectura en colaboración coa editorial Kalandraka. Contacontos, obradoiros de escrita creativa e de ilustración ou exposicións son algunhas das actividades que se realizarán ata o final do vindeiro mes de maio. Esta campaña súmase á de animación lectora que se está a realizar nos centros socioculturais da cidade.

A Xunta de Galicia, pola súa banda, participa no Bookcrossing mundial que se celebra con ocasión desta data e distribuirá mañá 5.000 volumes a través de museos para que o público os deixe onde queira e difunda así a lectura.

Fonte: Culturagalega