Artigos

Entrega do V Premio Meiga Moira a Ana María Galego Gen, por BANDEIRAS NEGRAS

Baía Edicións entrega o V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil 2012. O acto tivo lugar, na Libraría Lume da Coruña (Federico Macías, 3) o mércores día 3 de abril de 2013, ás 12:30 horas,  da obra da autoría da escritora Ana María Galego Gen, titulada Bandeiras negras, e ilustrada por Cristal Reza. No acto, ademais da autora, participou a directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargaron de facer un achegamento crítico a esta obra.

[nggallery id=30]

Xurado e criterios selectivos:

O Xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Andrea Maceiras, gañadora do 4.º Premio coa obra Violeta tamurana, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o día 21 de setembro de 2012 resolveu conceder por unanimidade o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Mago Chalupa”, na que destacou, entre outros aspectos,  que:

1)      Supón a recuperación para a literatura galega do xénero clásico de aventuras e máis en concreto o da narración de piratas.

2)      Incorpora unha perspectiva nova na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller transvertida de home.

3)      Dálle nova vitalidade ás personaxes d’A Illa do Tesouro, completando os contornos e a personalidade da figura do John Silver.

4)      Emprega unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.

5)      Se serve dos mellores recursos da técnica narrativa da page-turner, ao facilitar unha lectura continuada e implicar os lectores e as lectoras no narrado.

Sinopse da obra:

N’A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.

Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?

Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England… e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna…

Baía Edicións entrega o 5º Premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil 2012

 

A entrega do 5º Premio Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil 2012 á obra de Ana María Galego Gen, Bandeiras negras, terá lugar hoxe mércores día 3 de abril, ás 12:30 h., na Libraría Lume da Coruña (Federico Macías, 3 · Teléfono: 981 263 408).

No acto de presentación, no que se servirá un pequeno almorzo, ademais da autora, que, como gañadora da obra publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira, recibirá neste acto 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio, tamén intervirá Belén López Vázquez, directora editorial de  Baía Edicións, que se encargarán de faceren unha aproximación crítica da novela.

Xurado e criterios selectivos

O Xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Andrea Maceiras, gañadora do 4.º Premio coa obra Violeta tamurana, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o día 21 de setembro de 2012 resolveu conceder por unanimidade o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Mago Chalupa”, na que destacou, entre outros aspectos,  que:

  1. Supón a recuperación para a literatura galega do xénero clásico de aventuras e máis en concreto o da narración de piratas.
  2. Incorpora unha perspectiva nova na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller transvertida de home.
  3. Dálle nova vitalidade ás personaxes d’A Illa do Tesouro, completando os contornos e a personalidade da figura do John Silver.
  4. Emprega unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.
  5. Se serve dos mellores recursos da técnica narrativa da page-turner, ao facilitar unha lectura continuada e implicar os lectores e as lectoras no narrado.

Sinopse da obra

N’A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.

Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?

Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England… e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna…

Información da autora

Ana María Galego Gen. Naceu en Ferrol, 1970. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1993). Actualmente exerce como profesora de Lingua Castelá e Literatura no Ensino Secundario, traballando no presente ano académico no IES Castella Vetula (Medina de Pomar, Burgos).

Publicacións e premios literarios

>     Terceiro premio no I Certame de Narrativa Curta organizado pola Consellería de Medio Ambiente (1999) coa obra Non era tempo de cacharelas.

>     Gañadora do II Certame de Narrativa Breve organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (2001) co relato O malfadado ano no que perdín a moza por culpa dun robot, porque as desgracias sempre veñen mal acompañadas. (Publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2003)

>     Gañadora ex aequo do Premio “Estornela de Teatro para Nenos organizado pola Fundación Neira Vilas (2004), coa obra O porco que perdera a cabeza. (Publicado por Ediciós do Castro, A Coruña, 2005)

>     Finalista do 18º Certame de Narracións Breves “Manuel Murguía” organizado polo Concello de Arteixo (2009), coa obra As aventuras de Nice Rod. (Publicado pola Deputación da Coruña no volume colectivo De eirugas a bolboretas, 2010)

>     Gañadora do 2º premio no I Certame de Textos Teatrais “Manuel Rey Posse”, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (2011), coa obra Don Matute e a árbore que falaba.

>     Gañadora do 2º premio na categoría de adultos no I Concurso de Relatos “Río Órbigo”, organizado por el Ayuntamiento de Villarejo de Órbigo (2011), con la obra Es ojo porque te ve.

>     Gañadora do 2º premio no Certame “Ánxel Fole” organizado polo concello de Lugo (2012) co relato Neiges d’antan.

>     Gañadora do 2º premio no Certame “Happycurtis” organizado polo concello de Curtis co relato Tres mil setenta caracteres.

Traducións

>     Tradución ao galego de Bouvard et Pécuchet (2005), de Flaubert, de La cousine Bette (2008) de Balzac, e de Le cousin Pons (2012). Estas traducións están publicadas na Editorial Toxosoutos.

Outras publicacións

>     “Una aproximación a La doncella Teodor” en VVAA, Campus Stellae. Haciendo camino en la investigación literaria. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela, 2006.

>     “Lo monstruoso en la narrativa de Pilar Pedraza” en VVAA, Héroes, mitos y monstruos en la literatura española contemporánea. Andavira Editora. Santiago de Compostela, 2009.

Bandeiras negras, de Ana María Galego Gen

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012

N’A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.

Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?

Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England… e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna…

Máis información