Entradas

Galeusca denuncia “invisibilización” das literaturas minorizadas

Escritores galegos, vascos e cataláns reuníronse esta fin de semana en Donostia no marco do congreso anual da Federación Galeusca, centrado desta volta no fenómeno da oralidade. No encontro, os literatos denunciaron “que os medios de comunicación de ámbito estatal, como reflexo da política activa das estruturas gobernamentais, negan e invisibilizan todas aquelas manifestacións literarias que se producen nas nosas nacións”. Canda a isto, reclamaron unha maior presenza da literatura e da oralidade na educación, máis traballo a prol da recuperación da memomoria colectiva ou que o Ministerio de Cultura asuma a proposición non de Lei “Medidas para que o Ministerio de Cultura asuma a multiculturalidade e plurilingüismo existente no Estado no sector da literatura”.

Fonte: Culturagalega