Guadi Galego, Marful, Sés, Rosa Cedrón e Cristina Pato, Doa, María Manuela, Mónica de Nut ou Malvela son algunhas das voces femininas que se atopan en Cantigas de mulleres. Uxía Senlle coordinou este proxecto que lanza Fol Música e que compila 17 temas cantados, e nalgúns casos compostos por músicas galegas. Con este disco reivindícase a importancia do papel da muller no noso panorama sonoro. “Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben….cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emoción”, sinala Uxía na presentación do proxecto.
O disco está dispoñible desde onte en plataformas de venda dixitais e mais en formato físico. Cun libreto en galego, castelán e inglés, a compilación quere chegar a un público internacional.
https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2012/12/GuadiGalego.jpg292310patriciahttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gifpatricia2012-12-13 10:56:102012-12-13 10:57:06Cantigas de mulleres achega unha escolma de voces femininas
aCadaCanto é unha locución adverbial. Un bergantín feito a man, desde a primeira nota ata a súa produción, para enfrontarse ao Goliat das ideas marchitas. Música popular ou un verso de Álvarez Blázquez.
Ata o momento, Guadi Galego e Xabier Díaz quentaran as súas voces xunto ao guitarrista Guillerme Fernández baixo a luz tenue dos bares. A aquel popurrí únese un acordeón, o de Xosé Lois Romeu, quen admite tamén a responsabilidade de percutir os arabescos do seu instrumento para dar ritmo a aCadaCanto. O que antes era un divertimento, agora adopta o ton serio das camisas brancas e os selos discográficos. Este álbum –que interpretarán mañá no Teatro Principal de Santiago–, é o sexto de Músicas de Salitre, a compañía que Díaz e Fernández erixiron da nada en 2005.
Os seus acordes vernáculos non se pon á venda a calquera prezo. Estes compañeiros casuais noutros grupos como Espido ou Nova Galega de Danza acordaron despachar o seu disco só naqueles comercios nos que “valoren o que facemos”, lonxe do anonimato dos grandes almacéns. E procuran que o seu mecenas sexa o auditorio. Case todas as pezas son de creación propia, e, con todo, algúns refráns comezaron a conxugarse tras horas e horas manexando a aixada baixo un sol de xustiza en Moscoso (Pontevedra). Anos despois, Xabier Díaz rescataríaos de entre os toques que ganduxaban con cafés e galletas a señora Rosa e a súa irmá, para encaixalos neste disco con vocación transitoria.
https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2012/05/ACadaCanto.jpg567567patriciahttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gifpatricia2012-06-13 08:40:432012-06-13 08:40:43aCadaCanto crea a súa música para a tenda da esquina
Se sumamos as propostas artísticas dos catro nomes que asinanaCadaCanto, poderemos ter bo reflexo da potencia e solidez do panorama musical galego. Cada un deles teñen partillado distintas composicións, Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza…por citar só algunhas delas. Por solto, en pares ou mesmo en tríos poderiamos colocar os catro compoñentes do novo traballo nas distintas agrupacións musicais. Guillerme e Xabier Díaz son membros de Berrogüetto, grupo en que se escoitou a voz de Guadi; Xabier Díaz contou con Romero e Guillerme Fernández no su inicial Músicas de Salitre, Guadi cadrou tamén con Guillerme en Espido e Xavier e Guillerme conxeniaron para publicar o disco Arrolos de Salitre.
ACadaCanto é a nova aposta destas catro xa figuras da nosa música que coinciden nese cadrado con catro puntas nas que se tece un traballo compacto e cunha liña estética definida. Como acontece noutros proxectos nos que participan, este é de novo efémero, dura o tempo de presentación e xira e após diso esvaerase ao se centraren cada un deles nas súas traxectorias. Mais, antes de que iso aconteza, ACadaCanto vibrará con forza nos palcos das cidades galegas, a comezar o día 8 de xuño no Rosalía de Castro da Coruña ou o 13 de xuño no Principal de Santiago de Compostela.
Confesan que aCadaCanto naceu nunha conversa nun descanso do concerto de Fuxan os Ventos en Ourense, no que os catro participaban. De cadrar uns con outros, decidiron cadrar de vez os catro xuntos e naceu así este cuarteto co que evocan as grandes formacións musicais, dos Beatles a Os Gaiteiros de Soutelo. O disco, como boa parte dos proxectos culturais deste tempos, emprega a fórmula de crowfounding para o seu financiamento.
AcadaCanto constitúe, aliás, o sexto título que sae da man do selo discográfico Músicas do Salitre, formado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Coa súa sinatura viu a luz en 2005 o primeiro título Músicas de Salitre, para seguir con Espido de Guadi e Guillerme, Complas para Icía de Díaz, Benzón de Guadi e Arrolos de Salitre de Xavier Díaz e Guillerme Fernández, os titulares da proposta.
https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2012/05/ACadaCanto.jpg567567patriciahttps://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gifpatricia2012-05-24 10:05:332012-05-24 10:17:25ACadaCanto, nova aposta de catro figuras da nosa música