Artigos

II Comunicado de SGHN sobre a dramática vaga de lumes en Galicia

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, véxase a portada da publicación de SGHN do ano 1983, visionaria do problema e das súas consecuencias.

SGHN diante da proliferación de receitas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, manifesta o seguinte:

–  Desaconsellamos fortemente o emprego indiscriminado de sementes para cubrir as zonas queimadas.

–  Difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe (do mesmo lugar de onde se vai sementar) como que se correspondan realmente a especies autóctonas.

–  Na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter: especies vexetais exóticas invasoras.

– En moitos sitios non se debe pisar tralos incendios, pois acelera o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo.

– Desaconsellamos enerxicamente o emprego de especies pratenses (as usadas para os campos de herba, pradar as artificiais etc) pois son en moitos casos especies alóctonas, algunhas delas de carácter invasor (que logo reducirán a posibilidade de asentarse as especies autóctonas).

– O emprego inaxeitado de sementes unha preocupación grave en EEUU. En moitos estados esíxese que as sementes estean certificadas conforme están libres de especies alóctonas e invasoras.

– Un mal menor será empregar cereais, pero deberán ser estériles para que unha vez completado o seu proceso non deixaran pegada.

– Unha boa intención non ten por que dar bos resultados.

Fonte: SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL