Entradas

Luís Tosar e Yolanda Castaño presentarán o domingo en Santiago a gala solidaria «Implícate»

O actor Luís Tosar e a escritora Yolanda Castaño presentarán este domingo día 13 a oitava edición da gala solidaria «Implícate», cuxos organizadores fixeron un chamamento á responsabilidade da cidadanía unha vez que se recortaron as axudas á cooperación e o desenvolvemento.

Ambos presentaron esta mañá a oitava edición do festival, que se celebrará no Teatro Principal de Santiago, nunha noite de música e de «palabra solidaria» que acollerá distintas actuacións de danza, música, poesía ou teatro, destinada a recaudar fondos para os proxectos da oenegé.

Entre os números previstos están as actuacións de Budiño, Sés ou Xoán Curiel; a danza de Quique Peón; as interpretacións literarias de Carlos Negro ou Anxo Angueira ou as escenificacións de Roberto Vilar e Rubén Ríos ou Estíbaliz Veiga.

Luís Tosar, ademais de criticar as políticas de austeridad actuais informou a Efe que na gala poderase ver parte do documental Cambia de papel, unha das sorpresas da xornada. Pola súa banda, a presidenta de Implicadas no desenvolvemento, a actriz María Reimóndez, recorda que a oenegé cumpre agora quince anos acometendo un labor de cooperación ao desenvolvemento «crítico». Reimóndez indicou que este ano é especialmente importante «implicarse», dado que se suspenderon «todas as convocatorias» de axuda á cooperación e o desenvolvemento por parte da Xunta.

Fonte: La Voz de Galicia