Entradas

Google acorda pagar 22,5 millóns de dólares por xogar sucio con Safari

A compañía tecnolóxica Google accedeu a pagar 22,5 millóns de dólares á Comisión Federal de Comercio de EE.UU. (FTC) por violar unha orde dese organismo que lle obrigaba a respectar a privacidade dos usuarios do navegador de Apple, Safari.

Segundo informou a FTC nun comunicado, a penalización acordada con Google é a maior na historia por infrinxir un mandato da Comisión.

O montante marca da multa responde á reincidencia de Google, que en outubro de 2011 chegara a un acordo coa FTC que lle prohibía destorcer o grao no que os consumidores podían exercer control sobre a captación da información que xeran mentres usan internet.

Naquel caso, a FTC denunciou que Google usaba “tácticas enganosas” e violou as súas promesas de privacidade cando lanzou o seu servizo Google Buzz.

Con todo, a FTC atopou evidencias de que, durante varios meses entre 2011 e 2012, Google “instalou certos programas (cookies) de rastrexo publicitario nos computadores dos usuarios de Safari que visitaron páxinas web incluídas dentro da rede comercial DoubleClick, de Google”, segundo o comunicado.

Google indicara previamente, que debido ao funcionamento por defecto do navegador de Apple, eses usuarios de Macs, así como iPhones e iPads, quedaban “automaticamente” excluídos do seu sistema de rastrexo.

A FTC constatou que, a pesar desa premisa, Google buscou a forma de sortear “” as características de bloqueo de Safari para situar unha das súas “cookies” de rastrexo no sistema que actuou como vía de entrada para o dominio DoubleClick.

Eses programas de rastrexo encárganse de recompilar a información dos usuarios de navegadores de internet co fin de coñecer que temas lles interesan e facerlles chegar publicidade ou outros contidos non solicitados.

A publicidade en internet é o principal negocio de Google, que no pasado trimestre ingresou 10.960 millóns de dólares.

“A multa récord neste asunto envía unha clara mensaxe a todas as empresas baixo unha orde de privacidade da FTC”, dixo Jon Leibowitz, presidente dese organismo federal.

“Non importa o grandes ou o pequenas que sexan, todas as empresas deben acatar as ordes da FTC
e manter as súas promesas de privacidade aos consumidores ou terminarán pagando moito máis do que lles custou cumprir (co mandato) en primeiro lugar”, engadiu Leibowitz.

Fonte: Galiciaé