Entradas

Fantástica tarde-noite en #Pardiñas na presentación de Ferreñas e Rock and Roll

Fantástica tarde-noite en #Pardiñas, por xentileza da veciñanza de Pardiñas e da Asociación Cultural #Xermolos, que levan anos amosando unha tenacidade e amor á nosa terra e artistas locais, que xa quererían para si moitos outros colectivos, co Festival de Pardiñas como evento máis visible e coñecido, pero que non é o único.

Pasada a corentena do festival, nesta LXI edición semella que a pandemia mundial lanzaba outro reto a estas activistas da cultura, mulleres e e homes bravos que non descartaron a súa celebración, aínda que algo cambiada.

Ademais doutras actividades ao longo do mes, o sábado 29 xuntaron na súa #CasadasArtes a #Ramón Vilar, “O Canteiro de Pardiñas”, quen nos falou do seu proceso creativo, a #SitoCarracedo quen converteu a presentación do libro “Palleta maldita” nun auténtico seminario sobre o seu traballo de lutier (a min sorprendeume a explicación da transformación dunha pequena castaloña) e a escola na que está formando a outras veciñas e veciños, e Laura Romero e Iria Pedreira, que, acompañadas por Mónica e Belén, falaron do proceso  creativo e de investigación  que levou á publicación de “Ferreñas e Rock&Roll”, libro que recupera a memoria das nosas músicas galegas pioneiras.

Mais como Festival que é, o día rematou coa música de MJPérez, que nos fixo esquecer a friaxe da noite malia ter que permanecer sentadas.

Como se indica na parada do autobús que hai á entrada, Pardiñas facendo Historia… non hai pandemia que poida co tesón e ganas de celebrármonos.

Parabéns e grazas por converter a vosa #CasadasArtes nunha casa para compartir; sabemos das dificultades para mantela, pero despois da fermosa exposición que tedes, non temos dúbida de que seguirá en pé e mellorando.

Laura Romero foi protagonista total desta edición do festival, participando no deseño do cartel, das camisetas, na presentación de Ferreñas e finalmente tocado o baixo con MJPérez.

FERREÑAS E ROCK AND ROLL obra finalista da Gala do Libro Galego 2020

A Asociación Galega de Editoras (AGE), Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a quinta edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 9 de maio de 2020 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras.

Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2019 en Galicia. As modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, recoñecen a traxectoria de varios anos, valorándose, polo tanto, a constancia ao longo do tempo nestes ámbitos.

Estas distincións, sen dotación económica, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocantes, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo.

A Gala do Libro Galego conta co apoio de CEDRO, da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

 

FINALISTAS

PREMIOS OBRAS EDITADAS EN 2019

Ensaio e investigación

  • Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia/Consorcio de Santiago)
  • Dentro da literatura, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia)
  • Educar a través da arte. Cara a unha escola imaxinada, de Vicente Blanco, Salvador Cidrás e Rocío Modia (Kalandraka Editora)

Divulgación

  • A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
  • Ferreñas e Rock and Roll, de Laura Romero e Iria Pedreira (Baía Edicións)
  • Guadi Galego, pola beira da canción, de Pepe Cunha (Edicións Embora)

Narrativa

  • Carrusel, de Berta Dávila (Editorial Galaxia)
  • Infamia, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
  • Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco (Edicións Xerais de Galicia)
  • Seique (2ª ed. ampliada), de Susana Sanches Arins (Através Editora)

Infantil

  • A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira (Oqueleo)
  • Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro (Editorial Galaxia)
  • Conexión Macarrón, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
  • Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e J.C. Martín Ramos (Kalandraka Editora)

Xuvenil

  • Be Water, de Antía Yañez (Cuarto de Inverno)
  • Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
  • O asasinato da profesora de xeografía, de PereTobaruela (Edicións Embora)
  • Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado

  • Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
  • Os camiños do vento, de Xavier Estévez, ilustracións de Xosé Cobas (Edicións Xerais de Galicia)
  • Teño dereitos, de Miguel Robledo (Aira Editorial)

Libro de banda deseñada

  • A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)
  • Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva (Edicións Xerais de Galicia)
  • O bichero IX. Run is life, de Luis Davila (Editorial Luis Davila)

Iniciativa bibliográfica

  • Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
  • Colección Pan de abella, VV. AA. (Apiario)
  • Serie Animais Extraordinarios, de Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández (Faktoría K de libros)

Tradución

  • Frankenstein ou o Prometeo moderno, de Mary Shelley/Tradución de Samuel Solleiro (Aira Editora)
  • O conto da criada, de Margaret Atwood/Tradución de Celia Recarey e Carlos Valdés (Irmás Cartoné)
  • O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris/Tradución de María Alonso Seisdedos (Edicións Xerais de Galicia)
  • Pippi Mediaslongas nos mares do sur, de Astrid Lindgren/Tradución de David A. Álvarez (Kalandraka Editora)

Poesía

  • Feliz Idade, de Olga Novo (Kalandraka Editora)
  • Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)
  • Un libre favor, de Chus Pato (Editorial Galaxia)

Teatro

  • Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (Editorial Galaxia)
  • Citizen , Grupo Chévere (Kalandraka Editora)
  • Somos os monstros, de Paula Carballeira (Edicións Xerais de Galicia)

Libro mellor editado

  • Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos (Aira Editorial)
  • Fosforescencias, de Lupe Gómez/Ilustracións de Anxo Pastor (Alvarellos Editora)
  • Irmá paxaro, de Tamara Andrés (Cuarto de Inverno)

PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura

  • 21 días co galego
  • Club de Lectura AA.VV. das Atochas-Montealto
  • Libraría Chan da Pólvora
  • Poemagosto de Allariz

Proxecto literario na rede

  • Biosbardia- César Lorenzo
  • Kalandraka TV
  • Lecturafilia- Tensi Gesteira

Xornalismo cultural

  • Anxo Quintela
  • César Lorenzo
  • Daniel Salgado
  • María Yáñez

“Ferreñas e rock and roll” seleccionado no II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade

O proxecto Ferreñas e rock and roll presentado por Baía Edicións ao II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, foi seleccionado entre os dez merecedores de apoio.

O proxecto, autoría de Laura Romero e Iria Pedreira, ten como obxectivo a publicación dunha historia de mulleres avanzadas na música galega (fundamentalmente do século XX), nunha publicación que busca  o coñecemento e divulgación de mulleres que deben ser traídas á memoria ben por ser as primeiras en realizar algún tipo de actividade musical pública (tocar en orquestras, por exemplo) ou ben pola novidade e/ou importancia da súa proposta artística.

“Ferreñas e rock and roll” xurdiulle a Laura Romero de forma natural ao traballar noutro proxecto de catalogación e divulgación exhaustiva das músicas galegas en activo, Músicas Galegas Ilustradas pois nese afán de busca a autora foi percibindo que quedaban fóra outras que foron pioneiras ou que foron casos pouco habituais nun territorio aínda hoxe moi masculinizado por non estar activas na actualidade: a primeira gaiteira documentada, o primeiro grupo feminino, escasos exemplos de grupos de punk feminino nos anos 90, músicas de orquestra cando era raro ata ver mulleres cantando nelas, as poucas mulleres do movemento bravú…

Semellaba inxusto que as músicas actuais esqueceran as que lles precederon e de aí a idea de renderlles homenaxe e poñer a súa actividade en coñecemento tamén da sociedade.

Son historias e anécdotas pouco coñecidas incluso para xente do mesmo ámbito. Algunhas delas son contadas como curiosidades durante os faladoiros e charlas nos que adoita participar Laura Romero.

Estamos moi felices de que o xurado valorara coma nós o esforzo de Laura Romero Pereira leva facendo pola visibilización das músicas galegas.

Bases da convocatoria do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade

 

O proxecto Ferreñas e rock and roll foi seleccionado no II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade

O proxecto Ferreñas e rock and roll presentado por Baía Edicións ao II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, foi seleccionado entre os dez merecedores de apoio.

O proxecto, autoría de Laura Romero e Iria Pedreira, ten como obxectivo a publicación dunha historia de mulleres avanzadas na música galega (fundamentalmente do século XX), nunha publicación que busca  o coñecemento e divulgación de mulleres que deben ser traídas á memoria ben por ser as primeiras en realizar algún tipo de actividade musical pública (tocar en orquestras, por exemplo) ou ben pola novidade e/ou importancia da súa proposta artística.

“Ferreñas e rock and roll” xurdiulle a Laura Romero de forma natural ao traballar noutro proxecto de catalogación e divulgación exhaustiva das músicas galegas en activo, Músicas Galegas Ilustradas pois nese afán de busca a autora foi percibindo que quedaban fóra outras que foron pioneiras ou que foron casos pouco habituais nun territorio aínda hoxe moi masculinizado por non estar activas na actualidade: a primeira gaiteira documentada, o primeiro grupo feminino, escasos exemplos de grupos de punk feminino nos anos 90, músicas de orquestra cando era raro ata ver mulleres cantando nelas, as poucas mulleres do movemento bravú…

Semellaba inxusto que as músicas actuais esqueceran as que lles precederon e de aí a idea de renderlles homenaxe e poñer a súa actividade en coñecemento tamén da sociedade.

Son historias e anécdotas pouco coñecidas incluso para xente do mesmo ámbito. Algunhas delas son contadas como curiosidades durante os faladoiros e charlas nos que adoita participar Laura Romero.

Estamos moi felices de que o xurado valorara coma nós o esforzo de Laura Romero Pereira leva facendo pola visibilización das músicas galegas.

 

PARABÉNS LAURA E IRIA!!!

MOITAS GRAZAS AO XURADO!!!

Ferreñas e rock and roll

O proxecto, de título provisional, Ferrañas e rock and roll de Laura Romero e Iria Pedreira concorre, da man de Baía Edicións, ao programa de subvencións destinado a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña durante o ano 2019.

Memoria do proxecto