Entradas

Nace a libraría especializada ‘O fogar das palabras’

Coa literatura galega e o xénero fantástico como bandeiras, acaba de abrir en Compostela a O fogar das palabras. O novo espazo preséntase co rótulo Libraría-taller, e para alén das funcións habituais nunha libraría, o espazo acollerá obradoiros literarios, de edición ou de ilustración e oferta un servizo de autoedición para os autores interesados en publicar o seu traballo. O proxecto está coordinado polo autor e editor Fernando M. Cimadevila e mais por David Cortizo. A nova libraría achegará tamén libro de texto e obras para o público infantil e xuvenil.

Fonte: Culturagalega