Entradas

Convocada a edición número 23 dos Premios Irmandade do Libro

A Federación de Librarías de Galicia vén de convocar os  XXIII Premios Irmandade do Libro, cos que a organización libreira de Galicia quere render homenaxe aos que durante o ano 2013 destacaron no seu traballo para que o libro e a lectura segan a ter un presente activo e un futuro determinante para a sociedade galega. Os premios recoñecen as seguintes modalides: Centros de Ensino, Librarías, Fomento da Lectura, Libro do Ano,Libro Infantil e Xuvenil do Ano,Obra Editorial, Autor – Autora.

As bases dos premios poden consultarse na web dos libreiros galegos. A entrega de premios será na localidade coruñesa de Rianxo o día 5 de abril.

BAÍA EDICIÓNS gañou o Premio a OBRA EDITORIAL DO ANO 2012 polas GUÍAS DA NATUREZA Baía Verde. Este recoñecemento nos Premios Irmandade do Libro á colección Guías da natureza Baía Verde tivo unha especial importancia para nós porque describe case a nosa traxectoria vital, como empresa e como proxecto cultural desde os seus inicios no ano 1990, un ano antes da publicación da primeira edición da Guía de aves de Galicia. Máis información

Fonte: AGE

Hoxe celébrase o Día das librarías

Cegal celebra hoxe 30 de novembro o Día das Librerías co obxectivo primordial de recordar o papel dos espazos comerciais libreiros, onde a atención aos lectores segue a ser unha realidade cotiá. A xormada será de portas abertas até as 22 horas e haberá un 5% de desconto en todos os títulos que se vendan nese día.

Os libreiros animarán o día con contacontos, presentacións de libros, sinaturas de autores, e seleccións especiais de lecturas.

Os  días 28, 29 y 30, organizaranse accións de recomendación de lecturas a través das redes sociais, nas que os libreiros respostarán con recomendacións ás preguntas dos lectores.

Fonte: AGE