Presentación na Coruña do libro ‘Deter o día cunha flor’ 3ª parte
Olga Patiño comenta a obra Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. Baía Edicións, 2009.
Olga Patiño comenta a obra Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. Baía Edicións, 2009.
Ánxeles Penas comenta a obra Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. Baía Edicións 2009.
Xulio López Valcárcel e Belén López Vázquez comentan a obra Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. Baía Edicións, 2009.
Espazo, esa palabra.
Ben tratando distancias siderais ou ben como cuestión básica para a ordenación dos obxectos, representa en xeral a oportunidade para facer cousas, pois son os sitios os que acaban por determinar a nosa acción. Sitios medibles en metros, áreas ou, nese misterio virtual, nos bytes, kilobytes das Novas Tecnoloxías, inaprensibles pero de capacidades inimaxinables.
As mulleres recoñecemos coma ninguén o verdadeiro valor do espazo, e as autoras de maneira especial: É significativo que o ensaio por antonomasia sobre a escrita de mulleres sexa precisamente “un cuarto de seu”, de Virginia Woolf, unha apelación á necesaria disponibilidade de sitios para a súa actividade creativa. O que seica a británica esquecía era tamén esa necesidade de contar con lugares onde ver e falar desa obra, naquela época na forma tradicional do tanxible conxunto de páxinas encadernadas. Na actualidade, esas páxinas teñen ademais a consistencia das pantallas, pero a necesidade segue intacta, ou aínda acrecentada: Temos moitas cousas que contar, e seguimos a precisar de lugares estables onde poder facelo.
E, como non, cando na mesma dimensión atopamos eses espazos e as vontades comúns, o produto resultante son as xuntanzas, verdadeiros viveiros de ideas e propostas, que, no caso da escrita, son impulsados polo motor do entusiasmo. Un entusiasmo que é vello amigo das autoras, fiel compañeiro en todo o seu proceso creativo. Unha xuntanza de escritoras vai ser, basicamente, un espazo do entusiasmo compartido, aínda que sexa nos terreos tan intanxibles do espazo virtual. A vocación común ofrecendo os mellores froitos da árbore da imaxinación e toda a reflexión que ese feito marabilloso implica.
Xuntanza de escritoras é, por tanto, ese recuncho acolledor e cheo de promesas que esta editorial pon a disposición das súas autoras na web, unha sala virtual onde a literatura é o motivo de reunión e que, como calquera estancia confortable, invita á permanencia. Aquí exporemos os nosos traballos, falaremos da escrita e intercambiaremos información sobre iso tan emocionante do negro sobre branco prolongando así a nosa paixón común aos límites case infinitos do ciberespazo. E é, tamén, a cordial invitación a quen se achegue para gozar por uns momentos dese encontro onde as historias e a palabra son os agasallos de benvida.
Texto: Conchi Regueiro
O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira no ano 2006, vindo substituír o xa veterano de Novela, cun obxectivo moi claro: animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres, e nada mellor para isto que facer esa convocatoria desde o formato do relato, verdadeiro banco de probas de todo tipo de argumentos e voces e de maior poder de convocatoria para todas aquelas que algunha vez pensaron en contar algunha historia en negro sobre branco.
O resultado final e concreto é este recompilatorio: quince pezas breves dun total de once autoras entre gañadoras, finalistas e mencións especiais do I, II, III e IV Premios, que veñen amosarnos a riqueza temática e de estilos da narrativa galega escrita por mulleres, pero, sobre todo, que veñen dar forma e corpo a un entusiasmo compartido.
Coa colaboración da Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Vigo
Baía Edicións presentou na Coruña O Pazo Máxico. A túa primeira Escola de Maxia. Para promocionalo o autor e ilusionista Pedro Volta realizou un espectáculo de escapismo, en homenaxe a Harry Houdini, no que se liberou dunha camisa de forza colgado a 30 m de altura. Tivo lugar o mércores día 5 de agosto de 2009, ás 18:15 horas, no Obelisco. A continuación se realizou o acto de presentación do libro na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) ás 19:00 horas. Read more →