Entradas
Entrega do III Premio Meiga Moira ‘Os Globos de Andar’
/en Galería de imaxes /Baía Edicións fai entrega do III Premio Meiga Moira 2008 ao libro Os Globos de Andar de Xavier López Rodríguez. Este acto tivo lugar no marco da feira Culturgal no edificio do PALEXCO na Coruña o día 4 de decembro, ás 11:30 horas, no que interviñeron, ademais, do autor, o catedrático de Literatura Galega da UDC, Carlos Paulo Martínez Pereiro como presidente do tribunal e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións. O acto contou tamén coa realización dun contacontos do libro por parte de Fátima Fernández. Read more →
Presentación na Coruña de ‘Deter o día cunha flor’
/en Galería de imaxes /Baía Edicións presentou o libro Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. O acto tivo lugar na Coruña o mércores día 22 de abri de 2009l, ás 20.00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24), no que interviñeron, ademais dos autores, Xulio López Valcárcel, Ánxeles Penas, Olga Patiño e Belén López Vázquez. Read more →
Presentación na Estrada de ‘Cociña Caseira Galega’
/en Galería de imaxes /Baía Edicións presentou na Estrada o libro Cociña caseira galega, de Nieves Feros. O acto tivo lugar o venres día 28 de novembro, ás 21.00 horas de 2008, no Teatro Principal, no que interviñeron, ademais da autora, José Antonio Dono López (Alcalde da Estrada), Manuel Sanmartín Obelleiro (Concelleiro de Cultura), Valentín García Gómez (Coordinador de Política Lingüística) e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Ao finalizar o acto, tivo lugar unha degustación de receitas no restaurante “La bombilla”. Read more →
Presentación na Coruña de ‘Ao pé do xigante’ e ‘Breve historia da Coruña’
/en Galería de imaxes /Presentación dos libros A Coruña. Ao pé do xigante e Breve historia da Coruña na Feira do libro da Coruña o domingo 3 de agosto ás 19:30 de 2008. Neste acto interviñeron Gwendolyn Luo (autora de A Coruña. Ao pé do xigante), Félix Longueira (autor de Breve historia da Coruña), o fotógrafo Manuel Graña, Xurxo Souto e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Read more →
Alfombriña
/en Galería de imaxes /Contacontos realizado na biblioteca pública da Sagrada Familia do libro de Infantil-Xuvenil Alfombriña da colección Contos da igualdade no ano 2008.
Achegarte 2011
/en Galería de imaxes /Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico. Read more →
Presentación en Santiago de Compostela de ‘A Arca de Noé’
/en Galería de imaxes /Quen é Rodribico
/en banner /Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.
Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas.
Queres coñecelo? Se é así visita a súa páxina web RODRIBICO. Nela poderás atopar toda a información sobre este paxaro tan simpático! Contarás con MATERIAL DIDÁCTICO con actividades divertidísimas para realizar na propia web e con MATERIAL DESCARGABLE para que todas as nenas e nenos poidades pintar, debuxar, colorear, contar, facer careta, encrucillados…. DIVÍRTETE CON RODRIBICO!
Libro dixital
/en banner /Baía Edicións, pioneira entre as editoriais de ámbito galego no desenvolvemento do libro de texto virtual, dentro da integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, presenta o
Libro de SOCIAIS de 1º da ESO
Co inicio do curso, Baía Edicións pon á disposición da comunidade educativa o libro electrónico do alumnado. Podes descargalo no teu lapis de memoria, e activalo co código persoal que recibirás do teu profesor ou da túa profesora.
Instrucións para utilizar o libro:
- Descarga no teu lapis de memoria unha copia do libro desde aquí.
- Pídelle un código de activación ao teu profesor ou profesora.
- Abre o libro facendo dobre click sobre el, e introduce o código de activación (só terás que facelo a primeira vez!).
- Aproveita a experiencia do libro dixital interactivo, non só no centro senón tamén na casa!