Artigos

II Concerto Día das Letras Galegas organizado polo Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega organizará o seu segundo concerto “Día das Letras Galegas” no Pazo da Cultura de Pontevedra. Será o mércores 16 de maio ás 21 horas, con entrada libre e gratuíta, e contará coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave e acompañada pola Coral Polifónica e o Coro do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra. Na sesión estrearanse as obras “Cantata das cantigas”, de Roxelio Groba, e “Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade”, de Juan Durán.

Máis de cen cantores

Máis de cen cantores ocuparán o escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra nun concerto que homenaxeará a lírica e a música galegas. O programa ofrecerá dúas “Cancións xacobeas” (“Maria Soliña” e “Moi lonxe”) compostas por Antón García Abril sobre poemas de Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979). Seguiralle a “Cantata das cantigas” creada por Roxelio Groba en 2007, partindo de poemas populares do libro “Antífona da cantiga”, de Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) e rematará co “Caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade. Esta partitura, que inclúe o recitado polo actor Xosé Barato, foi composta, a pedimento do Consello da Cultura Galega, expresamente para este concerto por Juan Durán en homenaxe a Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987), figura senlleira escollida este ano pola Real Academia Galega para a celebración do Día das Letras Galegas.

Fonte: AGE

AGADIC convoca os Premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca a  XXI edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da VII edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e, en colaboración coa Asociación Cultural Barriga Verde, da X edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público a que vaian dirixidos os textos.

A dotación económica, segundo se recolle no  DOG do 17 de abirl é a seguinte:

  • Álvaro Cunqueiro: 6.000 €.
  • Manuel María: 6.000 €.
  • Barriga Verde (modalidade infantil): 6.000 €.
  • Barriga Verde (modalidade para adultos): 6.000 €.

 

Información dos premios

Fonte: AGE

Presentación na Coruña de ‘Milagre da Terra’ e ‘Terra e Nostalxia’

Presentación dos libros Milagre da Terra e Terra e Nostalxia de Gwendolyn Luo na Feira do libro da Coruña de 2006. Marabillosas obras de fotografía dedicadas a Galicia. Read more

Presentación na Coruña de ‘Liliput’

Presentación do libro Liliput na carpa da Feira do Libro da Coruña de 2008 o venres 8 de agosto ás 19:00 horas. No acto interviñeron Manuel Lugrís (autor da obra), Xose Manuel Fernández Costas e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Read more