Co motivo da celebración do 8 de marzo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca o III PREMIO FINA CASALDERREY de Literatura Infantil pola igualdade, que se rexerá polas seguintes bases:
BASES DO CONCURSO
Primeira
Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme a normativa vixente.
As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
Segunda
As obras a concurso deben ser orixinais, inéditas e non premiadas. O feito de participar implica o compromiso de non optar a outros premios coas mesmas obras mentres non se resolva este, compromiso que se estenderá máis aló da resolución de resultar gañadora.
…
Aproveitamos para lembrarmos as obras gañadoras do I e II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, de especial interese por tratar temas necesarios:
A ocupación do espazo central no patio do colexio, na actualidade maioritario para os nenos, resultando unha radiografía sexista, da que diversos estudos están a poñer a atención. Ese é o tema que
Antía Yañez aborda n’
A reconquista.
Calcúlase que 800 millóns de mulleres no mundo están menstruando á vez, no que supón o maior derramamento de sangue pacífico no mundo. No entanto, a sociedade oculta este feito, mitifícao e mesmo o discrimina con certas actitudes. Desde logo, os contos infantís non o teñen moito en conta, pero
Sabela Losada Cortizas si, dando como resultado
Vermella.
O País do Gran Furado, de
Xerardo Quintiá é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.