Entradas

Anabam organiza en xuño un curso sobre insectos

Organizado por Anabam, os días 2 e 9 de xuño celebrarase na Guarda un Curso de Odonatos, cuxas inscricións, para un ou os dous días, formalizaranse enviando un correo electrónico a anabam.anabam@terra.es.

O curso, de carácter gratuíto, estará impartido por Miguel A. Fernández Martínez e Adolfo Cordeiro Rivera. O primeiro é autor de Guía das libélulas de Galicia, publicada por Baía Edicións, un experto coñecedor dos odonatos de Galiza. Impartiu varios cursos sobre este e outros temas relacionados coa natureza.

Adolfo Cordeiro Rivera é profesor e investigador na Universidade de Vigo, onde dirixe o Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación. Profesor de Ecoloxía Forestal na EUET Forestal da citada Universidade, actualmente traballa sobre Selección sexual, utilizando os odonatos como organismos modelo. Ten varios traballos publicados sobre este grupo de invertebrados.

O vindeiro sábado, 2 de xuño desenvolverase a parte teórica, a partir das 11 da mañá, co seguinte programa: ‘libélulas de Galicia-introdución e bioloxía’, e ás 12 horas, taller de identificación. Desde as 16 horas terá lugar a parte práctica, coordinada por Miguel A. Fernández Martínez, cunha saída á Valla (Oia).

O sábado 9 de xuño o relator será Adolfo Cordeiro Rivera.

Fonte: Atlántico

Nace unha plataforma de distribución de ebooks para nenos

Acaba de nacer unha nova proposta para o libro electrónico e as aplicacións para rapaces, a Magic Town. O recurso é unha plataforma de entretenimento educativo creada co apoio de importantes editoriais como Hachette, Orchard Books, Oxford University Press o  Simons & Schuster, que en colaboración con asociacións de pais, mestres, escritores e tecnólogos, crearon un mundo virutal que ofrece os mellores libros dixitais, aplicacións de debuxos e xogo.

Personaxes da literatura infantil inteactuan cos a través das suxerentes imaxes e textos que denominan Libros Vivos( Live Books). Son os libros enriquecidos que conteñen aplicacións nas que se pode ler e tamén xogar e debuxar. A idea de poñer todos os contidos baixo un mesmo paraugas, segundo a información recollida por Lecturalab en DBOX. e a de ofrecer aos pais unha ferramenta na cal poder escoller mellor e con máis facilidade as coleccións e libros para os seus fillos.

Fonte: AGE

María Antón, nova xerente do Consorcio de Santiago

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou a María Antón como nova presidenta do organismo no que participan as tres administracións. Currás resaltou as aptitudes de Antón (Mugardos, 1965) para desenvolver os proxectos deseñados nos orzamentos da entidade para o 2012, aprobados recentemente por 11,2 millóns de euros, informa o Consorcio nun comunicado.

Entre outras iniciativas, referiuse á construción, na antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba, do Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación, que será «único no territorio español».

Tamén recordou a axuda que vai prestar á Catedral de Santiago, cifrada en preto de 300.000 euros, en apoio do plan de xestión que desenvolve para conseguir a súa autofinanciación.

María Antón foi directora xeral de Turismo da Xunta entre o 2001 e o 2005 e foi responsable da posta en marcha das políticas de promoción e valorización do Camiño de Santiago, recorda o Consorcio no seu escrito.

Fonte: La Voz de Galicia

ACadaCanto, nova aposta de catro figuras da nosa música

Se sumamos as propostas artísticas dos catro nomes que asinan aCadaCanto, poderemos ter bo reflexo da potencia e solidez do panorama musical galego. Cada un deles teñen partillado distintas composicións, Nordestinas, Espido, Berrogüetto, Nova Galega de Danza…por citar só algunhas delas. Por solto, en pares ou mesmo en tríos poderiamos colocar os catro compoñentes do novo traballo nas distintas agrupacións musicais. Guillerme e Xabier Díaz son membros de Berrogüetto, grupo en que se escoitou a voz de Guadi; Xabier Díaz contou con Romero e Guillerme Fernández no su inicial Músicas de Salitre, Guadi cadrou tamén con Guillerme en Espido e Xavier e Guillerme conxeniaron para publicar o disco Arrolos de Salitre.

ACadaCanto é a nova aposta destas catro xa figuras da nosa música que coinciden nese cadrado con catro puntas nas que se tece un traballo compacto e cunha liña estética definida. Como acontece noutros proxectos nos que participan, este é de novo efémero, dura o tempo de presentación e xira e após diso esvaerase ao se centraren cada un deles nas súas traxectorias. Mais, antes de que iso aconteza, ACadaCanto vibrará con forza nos palcos das cidades galegas, a comezar o día 8 de xuño no Rosalía de Castro da Coruña ou o 13 de xuño no Principal de Santiago de Compostela.

Confesan que aCadaCanto naceu nunha conversa nun descanso do concerto de Fuxan os Ventos en Ourense, no que os catro participaban. De cadrar uns con outros, decidiron cadrar de vez os catro xuntos e naceu así este cuarteto co que evocan as grandes formacións musicais, dos Beatles a Os Gaiteiros de Soutelo. O disco, como boa parte dos proxectos culturais deste tempos, emprega a fórmula de crowfounding para o seu financiamento.

AcadaCanto constitúe, aliás, o sexto título que sae da man do selo discográfico Músicas do Salitre, formado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Coa súa sinatura viu a luz en 2005 o primeiro título Músicas de Salitre, para seguir con Espido de Guadi e Guillerme, Complas para Icía de Díaz, Benzón de Guadi e Arrolos de Salitre de Xavier Díaz e Guillerme Fernández, os titulares da proposta.

Fonte: SermosGaliza

O Salón Teatro de Santiago acolle 10 funcións da XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

A Consellería de Cultura colabora coa celebración da XIII edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia a través da cesión do Salón Teatro de Santiago para acoller as 10 representacións que se desenvolverán ata o mércores 30 de maio como parte da programación organizada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago.

O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego repite así como sede principal desta mostra xunto co Teatro Principal e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

A compañía Tolemia Teatro é a encargada este luns de abrir a carteleira co espectáculo ‘Teatro: obras completas’, de autoría compartida. O martes, Os Sigillatos Galaicos representarán a montaxe ‘Aliza G.’, de Jorge Moreno, mentres que o mércores 23 será a quenda da creación colectiva ‘Falúa ‘s Flying Circus’, de Teatro Falúa.

Pinchacarneiro Teatro levará o xoves 24 ao escenario do Salón Teatro ‘Baixarse ou mouro’, unha adaptación da obra de J.L. Alonso de Santos, mentres que Artías Teatro chegará a este espazo o venres 25 con ‘(Comisaría) para Mulleres’, de Albert Miralles.

A Aula de Teatro da Universidade davCoruña tamén poderá mostrar o seu espectáculo ‘Nosa señora dás nubes’, de Arístides Vargas, o sábado 26; e o domingo 27 fará o propio Arte Maior con ‘Aforro Ordinario, de Inma Antonio.

‘Pim, Pam, Clown’ é o título da obra que NNC presentará ante o público o luns 28 e, ao día seguinte, Enlata Teatro subirá ao escenario con ‘Turandot’, de Bertolt Brecht. Finalmente, o grupo Mequetrefes ofrecerá o mércores 30 a súa interpretación de ‘Folíe à trois: Paranoia compartida’.

Fonte: GaliciaHoxe

As radios libres galegas sálvanse polo de agora

A Xunta de Galicia  declarou o venres deserto o concurso públicos de outorgamento de licenzas para a prestación do servizo de comunicación radiofónica.  A autonomía basea a súa resolución nas incompatibilidades derivadas da nova lexislación audiovisual estatal.

O executivo galego toma esta decisión tras a entrada en vigor, o día 3 de abril, do Decreto 102/2012, de 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade galega.

Segundo o bufete especializado Díez e Romero esta normativa prevé a posibilidade de declarar deserto os procedementos para o outorgamento de licenzas que se atopen en tramitación, no caso de existir incompatibilidade entre o réxime previsto nas bases da convocatoria e o réxime previsto no mesmo decreto.

O Consello da Xunta argumenta que decidiu declarar deserto este concurso para evitar unha posible situación de inseguridade xurídica, fundamentándose nunha serie de incompatibilidades entre as bases de devandito concurso e o decreto de comunicación audiovisual radiofónica.

Neste sentido, en primeiro lugar tivo en conta o criterio do ditame emitido no seu día polo Consello Consultivo de Galicia sobre o mencionado decreto, que consideraba que a denominación “emisoras de carácter comercial” non é correcta, dado que impedía concorrer a aquelas entidades que non tivesen ese carácter. Un aspecto que foi criticado por emisoras cidadás, como CUAC FM na Coruña.

Con esta normativa entidades sen ánimo de lucro ou universidades públicas tiñan vedada a súa participación. CUAC FM denunciou ademais que o concurso adxudicaría unha frecuencia moi similar a súa.

Entre outras incompatibilidades, a Xunta tivo en conta que, mentres que as bases do concurso limitaban a prestación de servizos a tecnoloxía analóxica, o decreto abre a posibilidade de usar calquera tipo de tecnoloxía, ben de tipo dixital ou doutra natureza.

Ademais, a fusión de televisión e radio a través da Rede, así como coas novas aplicacións na radiodifusión esixe unha regulación que non contiñan as bases do concurso.

O presidente da Xunta comprometeu que nos próximos meses haberá unha nova convocatoria. Está por ver se desta vez hai un oco para as emisoras non comerciais.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta prevé máis recortes pola caída de fondos estatais e recadar menos

Galicia é a comunidade que menos tivo que recortar nos seus Orzamentos para que o Ministerio de Facenda aceptase o seu plan para deixar este ano o déficit no 1,5% do Produto Interior Bruto. O axuste aprobado o xoves pasado en Madrid no Consello de Política Fiscal e Financeira foi de 69 millóns, mínimo fronte aos 18.350 millóns que recortarán todas as comunidades. Pero o documento no que se detalla o recorte arroxa sombras sobre o futuro. A Xunta recoñece que haberá novos recortes. “Espéranse axustes adicionais unha vez se confirme a repartición dos fondos finalistas” do Estado, admite, á espera de que se vaia desvelando a que comunidades van parar as partidas aínda non desglosadas dos Orzamentos Xerais do Estado, notablemente reducidas con respecto a anos anteriores. A pesar diso, o Goberno galego indica que no informe aprobado o xoves “consignáronse as cantidades recibidas o pasado exercicio” e admite que “en caso de variar á alza ou á baixa unha vez se concrete a repartición de fondos finalistas, será axustada nos Orzamentos” galegos.

O documento presentado en Madrid detalla de onde sae o novo recorte de 69 millóns sen ter que tomar medidas como o incremento de alumnos por aula proposto polo Goberno central. Uns 40 millóns son redución de gasto e outros 29 aumento de ingresos con respecto aos Orzamentos aprobados fai cinco meses. O aforro de 40 millóns –a Xunta insistía onte en que o recorte en “gasto non produtivo” é de 26 millóns, polo que os outros 14 si afectarán ao gasto produtivo– repártese así. O capítulo II dos Orzamentos, de servizos e bens correntes, cae en 12,24 millóns, coa Consellería de Traballo e Benestar, con 2 millóns, como principal afectada. Neste apartado, no que se reduce gasto en publicidade, protocolo e conferencias, rebáixanse as indemnizacións por razón de servizo, en principio o único efecto do actual recorte sobre os traballadores públicos.

A Xunta recorta outros 13,78 millóns do capítulo IV, de transferencias a outras entidades, reducindo subvencións e convenios. Aquí a consellería máis afectada é Cultura e Educación, con 3,1 millóns menos. Para rematar, outros 13,67 millóns saen dos capítulos VI e VII, de investimentos, que a Xunta centra en estudos e proxectos, sendo a Consellería do Medio Rural e do Mar a máis afectada, con 3 millóns menos.

En canto ao aumento de ingresos, Facenda admite que “estase levando a cabo” unha subida de prezos públicos e inclúe “novas taxas creadas en leis aprobadas a finais de ano e que non figuraban na lei de Orzamentos (apostas, residencias de tempo libre, instalacións xuvenís, servizos de reprodución en arquivos…)”. Son 10,35 millóns máis, di a Xunta, que fía o resto de ingresos ao comportamento mellor do previsto no que vai de ano dalgúns impostos. Aínda así, Facenda admite que as súas previsións de recadación fallaron no Imposto de Transmisións Patrimoniais. “foron inferiores ás previstas”, di, “debido á atonía do sector inmobiliario”.

Fonte: El País

Foto: Misterio Facenda Vigo

Dezanove editoras participan na Feira do Libro de Madrid

A Feira do Libro de Madrid, que se celebrará entre o 25 de maio e o 10 de xuño no Parque do Retiro, contará nesta súa 71 edición, cunha nutrida presenza galega. Un total de dezaseis firmas da edición compartirán o espazo reservado pola Asociación Galega de Editores neste evento. Trátase de Ir Indo Edicións, Editorial Espiral Maior, Baía Edicións, NigraTrea, Editorial El Patito, Editorial Galaxia, Edicións Xerais, Alvarellos Editora, Andavira Editora, Auga Editora, Edicións Embora, Hércules de Ediciones, MCSport, Sotelo Blanco Edicións, Editorial Toxosoutos e Editorial Linteo.

Canda a elas, as editoriais Kalandraka e Ediciones del Viento, así como a distribuidora Arnoia, terán cadanseu posto no evento, considerado un dos máis importantes a nivel estatal.

Fonte: Culturagalega

Presentación da 35º edición dos Premios da Crítica

A Fundación Premios da Crítica Galicia celebrou esta mañá unha roda de prensa na Casa Galega da Cultura de Vigo na que presentou a 35ª edición dos seus premios. Bieito Ledo, o presidente da Fundación, anunciou que a a partir desta edición a cea de fallo dos premios celebrarase o penúltimo sábado do mes de outubro nas instalacións do Hotel Os Escudos de Alcabre. Será, polo tanto, o vindeiro 20 de outubro cando se coñezan os gañadores nas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais, Artes Plásticas e Visuais e Artes Escénicas e Audiovisuais. Bieito Ledo insistiu que a Fundación convoca os premios con idéntico espírito ao da primeira edición en 1978, o «recoñecemento do traballo aberto, racional, integrador e colectivo da cultura galega en todos os seus ámbitos e expresións».

A Fundación publicará o libro 35 anos de Cultura Galega 

Ademais de presentar as bases polas que se rexerán estes premios e anunciar os nomes dos membros da Fundación que exercerán a secretaría de cada unha das modalidades, Bieito Ledo anunciou a publicación dun libro, «35 anos de Cultura Galega», coordinado por Ernesto Sánchez Pombo, no que se pretende realizar unha radiografía da cultura galega dende a primeira edición dos premios en 1978, na que se compaxinará a visión crítica coa documental. Así mesmo, anunciou a celebración, antes de fin de ano, de sete mesas redondas, en cada unha das cidades galegas, nas que diversas figuras valorarán o estado actual de cada un dos ámbitos da cultura abordados por estes premios. Por último, anunciouse a próxima apertura do espazo web da Fundación e a celebración dun encontro de irmandade (o sábado 16 de xuño, ás 13:00 horas,nas Bodegas Martín Códax de Cambados), ao que están convidados a participar todas as persoas premiadas nas 34 edicións realizadas e os membros da Fundación.

Descargar as bases

Fonte: AGE

Foto: Faro de Vigo

Miles de persoas toman as rúas de Santiago para defender o dereito a vivir en galego

Miles de persoas (máis de 25.000, segundo a organización, pois a policía non facilitou datos de seguimento) manifestáronse este xoves convocados pola plataforma Queremos Galego e con motivo do Día dás Letras Galegas, para reclamar o seu dereito a vivir con normalidade en galego e que cesen os “ataques” rexistrados nos últimos anos contra a lingua propia de Galicia.

“Arriba corazóns galegos!”, declaraba o escritor Agustín Fernández Paz ao comezo dunha marcha que partiu, a ritmo de tambores, pandereitas e gaitas, da Alameda compostelá pasadas as 12.15 horas nun ambiente festivo e co ceo nubrado, pero sen choiva.

De alí saíu a pancarta principal, na que se podía ler a lema ‘Ou galego, a nosa lingua propia’ –O galego, a nosa lingua propia– e que portaban personalidades como Carlos Callón, portavoz da plataforma convocante, e personalidades do mundo da cultura como Teresa Moure ou o propio Fernández Paz, premio iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil.

Na cabeceira da marcha, tamén saíron outras pancartas nas que se lía ‘Paremos ou decretazo contra ou galego’, portadas entre outros por Suso Seixo, secretario nacional da CIG, e o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e ‘Ou galego, a nosa columna vertebral’, da Mesa pola normalización Lingúística.

Tamén presentes atopábanse membros da CIG-Ensino coa lema ‘En defensa do ensino en Galego’ ou a pancarta do BNG coa frase ‘Queremos vivir en galego, en Bloque podemos!’, flanqueada por destacados membros da formación como Carme Adán, Ana Pontón, Bieito Lobeira e Carlos Aymerich, entre outros.

En declaracións aos medios previas á protesta, Carlos Callón destacou que este xoves miles de cidadáns reclamarán “a unha soa voz” que cesen os ataques contra a lingua galega por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Neste sentido, lembrou que, en tres anos de lexislatura, o PP non desenvolveu “nin un só adianto” para a lingua galega, aínda que si apoiou “demasiados retrocesos”. “Queremos pechar o capítulo negro da nosa historia que foi o Goberno de Alberto Núñez Feijóo”, sinalou.

CRITICAS Ao CONCELLO

Do mesmo xeito que outros participantes na manifestación como Guillerme Vázquez ou Anxo Louzao, Callón criticou os “obstáculos” postos desde o Concello de Santiago para dispor dun palco e megafonía no acto central, celebrado na Praza dá Quintana.

Posteriormente, Vázquez reivindicou “o orgullo de ser galegos” fronte a “ese Partido Popular” que, á vez que se dedica “a pór flores”, fai “o posible e o imposible” contra a lingua galega, que ejemplificó nos “obstáculos e trabas” postos para tentar impedir a celebración da marcha, que ve “absolutamente intolerable”. “Se somos galegos e galegas é por obra e graza do idioma, como dicía Castelao. Por tanto aquí estamos un ano máis para volver dicir Queremos Galego”.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, criticou, neste sentido, o intento de “prohibir” unha marcha “cívica” na que multitude de persoas mostran que “queren o noso idioma” e tamén a súa “repulsa” aos “ataques producidos” nos últimos anos. Neste sentido, defendeu que é necesario un idioma “útil” e en “normalidade” para evitar que poida estar en perigo a súa supervivencia no futuro, e avogou por “seguir saíndo á rúa como única maneira de mostrar ao PP que a cidadanía galega “non está disposta a que desapareza o sinal de identidade máis importante” de Galicia.

O Goberno local, con todo, defende que se denegou a petición de instalar un palco pola existencia doutro con motivo das Festas da Ascensión e que nunca se lle denegou a utilización do palco xa autorizado”, senón que se deu permiso a compartir a dicir infraestrutura unha vez que se solicitou por parte da Mesa.

PERCORRIDO

Numerosas entidades de todos os sectores sociais deixáronse ver ao longo do percorrido da manifestación deste xoves. Entre eles, emblemas e representantes de asociacións estudantís, como Comités ou Liga Estudantil Galega, que días atrás protagonizaron unha folga no ensino medio e superior en Galicia, xunto con Galiza Nova e outras entidades.

“Aquí está, aquí vese, a mocidade galega en pé” -“aquí está, aquí vese, a mocidade galega en pié”-, “Galiza ten futuro en galego”, ou “nas aulas dá Galiza queremos galego” eran algunhas de consígnalas e cánticos que se puideron escoitar ao longo da protesta que percorreu as rúas da capital galega.

Tamén se puideron ver numerosas bandeiras de sindicatos como CIG ou STEG e do Bloque Nacionalista Galego, ademais doutras entidades, xunto con pancartas satíricas en defensa do dereito a vivir en galego.

Doutra banda, na Praza de Galicia, atopábase un grupo de persoas con caretas brancas e unha bandeira española tapándolles a boca que portaban unha pancarta  asinada por Ceivar na que se pedía a “absolución” para os activistas pola lingua.

ACTO CENTRAL

Os manifestantes alcanzaron, finalmente, a Praza dá Quintana, onde tivo lugar o acto central da protesta, aínda que moitas persoas non puideron acceder debido á numerosa resposta á convocatoria e que non cabían no emprazamento escollido.

Alí, ante unha multitude que encheu a Praza, un grupo de gaiteiros e pandereteiros interpretou a peza ‘Erguémonos’ e Agustín Fernández Paz deu lectura ao manifesto redactado por el mesmo con motivo da protesta. Durante a súa intervención, lembra os tempos en que as Irmandades dá Fala “encheron de luz os pobos e cidades de Galicia” e “conseguiron facer visible socialmente a lingua”.

“Nestas persoas están as nosas raíces”, lembra, para matizar que non son fáciles “os tempos que nos toca vivir” ante as “agresións destes últimos anos” de “boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas”, cuxo obxectivo é facer do galego “unha lingua socialmente invisible”.

“Contra as mentiras, non nos cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu fai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel”, sinala, tras comparar o galego como “unha planta” que necesita dunhas condicións determinadas “para crecer”, polo que urxe “medidas precisas para facer realidade un ‘nicho ecolóxico’ favorable.

Finalmente tomou a palabra Carlos Callón, en cuxo discurso lembrou que tiveron que acudir aos tribunais para ter megafonía neste acto, palabras que xeraron apupo dos asistentes criticando ao Concello de Santiago. Así mesmo, referiuse aos intentos de censurar o manifesto do Correlingua, a imposibilidade de usar o galego no ámbito xudicial, ou os máis de catro millóns destinados “só a atacar o galego” e criticou que até onte a noticia da manifestación non saíra na TVG.

“Estamos aquí para que se deteñan os ataques contra o galego”, aclarou, para lembrar que se pode pasar páxina” a esta época “entre todas e todos”, incidindo en que da sociedade “depende” que a lingua “teña futuro.

Finalmente, ha parafraseado un poema de Valentín Paz Andrade (homenaxeado este 17 de maio) e lembrou que este polifacético galeguista tiña “moi claro” que o verdadeiro desenvolvemento socioeconómico de Galicia está vinculado “coa súa lingua”. “Poñamos vea ao vento que sae da Praza dá Quintana. Que todos os días sexan 17 de maio. Viva a lingua galega”, concluíu, para dar paso ao canto do himno galego.

Fonte: GaliciaHoxe