Clausura do Ano Cultural. Manuel Lugrís Freire
Hoxe venres 14 de febreiro ás 19:00 no Auditorio Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada terá lugar a CLAUSURA DO ANO CULTURAL. MANUEL LUGRÍS FREIRE.
Desenvolverase o acto de clausura do Ano Cultural Manuel Lugrís Freire. No acto, organizado pola concellería de Cultura do concello de Sada, entre outras cousas, producirase a estrea dun documental sobre a figura do ilustre sadense homenaxeado, realizado por GallaeciaFilmes en colaboración coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
No ensaio Manuel Lugrís Freire. A fe na causa, Xosé Manuel Fernández Costas destaca a súa figura como precursor en moitos aspectos: foi o primeiro que fixo unha peza de teatro galego en prosa, como autor dramático xogou un papel clave na creación dun teatro nacional galego, foi o primeiro tamén en empregar o galego en actos públicos, participou na creación de organizacións políticas e sociais que o levaron a colaborar na redacción do Estatuto e ser elixido presidente da Real Academia Galega, entre outros feitos vitais destacados.