Artigos

Celebramos este martes 8 de marzo o Día internacional da Muller

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

Baía Edicións participa deste Día recordando moitos dos seus títulos onde, dun xeito ou outro, fai unha homenaxe á muller:

O Concello da Coruña aborda este ano a campaña conmemorativa do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a través dun programa de actividades que ten como lema “Importa e moito” e por obxectivos principais:

  • Remover situacións e tratos inxustos potenciando as calidades e logros que proporciona a idade e cuestionando o que se dá por inmutable.
  • Abordar a discriminación por razón de imaxe física (delgadez/gordura – gordofobia-…) e os seus efectos sobre a saúde e o benestar na adolescencia (trastornos de conduta alimentaria).
  • Abordar a situación, papel e representación das mulleres nos ámbitos de publicidade, teatro, animación, cinema,…
  • Abordar o xénero e a migración co obxectivo de contemplar outras miradas que rompan cos estereotipos existentes asociados á cor de pel, cultura, rompendo coa tendencia para homoxeneizar a todas as mulleres migrantes e visibilizando as súas achegas.

Máis información

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”, un ciclo de conferencias que inclúe ademais a celebración dun roteiro pola cidade:

PROGRAMA:

  • Sábado 27 de xaneiro ás 11:30 h:  Roteiro “As mulleres das Irmandades da Fala”, no que se lembrará a Micaela Chao Maciñeiras, Elvira Bao Maceiras, María Miramontes, Amparo López Jean… Guían o roteiro Mercedes Queixas Zas, secretaria da AELG, e Mª Xosé Bravo, presidenta da A. C. Alexandre Bóveda.
  • Mércores 31 de xaneiro ás 19:30 h.: charla María Barbeito, unha vida dedicada, a cargo de Ana Romero Masiá, historiadora, investigadora e ensinante.
  • Luns 5 de febreiro ás 19:30 h.: charla “Unha historia urbana da Coruña”, a cargo de José María Cardesín Díaz, sociólogo, profesor da UDC e investigador do Grupo Estudos Territoriais.
  • Xoves 8 de febreiro ás 19:30 h: charla  “Umha panorámica geral da história do movimento obreiro na cidade e as greves”, a cargo de Carlos Velasco, historiador, investigador e profesor da UDC.

Celebramos este mércores 8 de marzo o Día internacional da muller

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

Baía Edicións participa deste Día recordando moitos dos seus títulos onde, dun xeito ou outro, fai unha homenaxe á muller:

Recordamos tamén os actos programados para estes días na Coruña:

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña, queren rendir homenaxe, como cada ano, a todas esas mulleres que loitaron polos dereitos doutras mulleres. Programan actividades e destacan distintos materiais como recoñecemento ás mulleres que loitaron contra os convencionalismos sociais que lles tocou vivir abrindo espazos que, ata ese momento, estaban prohibidos para as mulleres.

Na Biblioteca Monte Alto ofrececen #WomenDoBD, unha selección de materiais que afondan na figura da muller no cómic ao fío da polémica do Salón do Cómic de Angoulême: de 30 candidatos ao premio, ningunha era muller. Na Biblioteca Sagrada Familia centranse nas mulleres ilustradoras, cunha selección de materiais baixo o título “Mulleres que pintan moito“.

Mulleres e poesía é o tema elixido na Biblioteca Fórum Metropolitano. Se o que che interesa é o cine, achégate entón á Biblioteca Castrillón.

Os Museos Científicos Coruñeses ofrecerán este sábado unha sesión de charlas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. En colaboración coa Universidade da Coruña, os museos organizan unha sesión de actividades que comezarán pola mañá no Centro Universitario de Riazor e estenderanse pola tarde, na Domus, onde terán lugar as charlas, de carácter gratuíto, informou o Concello nunha nota.

Máis información

Neste inicio de curso recordamos a María Barbeito, a súa vida ao servizo da escola

Dinamizadora de actividades docentes e extraescolares

Resulta difícil illar este tipo de actividades no conxunto das levadas a cabo por María Barbeito como mestra e directora, pois todas elas están intimamente unidas ao seu labor docente, pero queremos destacalas pola súa singularidade. Entre as actividades docentes están as relacionadas coas exposicións de traballos escolares, de carácter manual, que realizaban os párvulos e as seccións de nenas que estaban baixo a súa dirección . Ao longo de 30 anos, desde 1906, ao remate do curso escolar , nos espazos especialmente habilitados e decorados para a ocasión, o público coruñés podía visitar a exposición dos traballos realizados ao longo do curso. Foi unha iniciativa da mestra, de notable resultado e éxito popular, levada á práctica antes de que se convertese en obrigatoria como substitutiva dos exames suprimidos para eses niveis de ensino.

Durante anos, o alumnado das escolas públicas que máis destacara durante o curso recibía uns premios que, polo xeral, eran entregados nun acto ao que asistían autoridades e personalidades da cidade. Polo común, os premios eran entregados nas escolas Da Guarda, pero nalgunha ocasión o acto alcanzaba maior relevo e contaba coa presenza de autoridades e público. Este foi o caso do ano 1912, no que se realizou o acto de entrega de premios no teatro Rosalía de Castro coincidindo coa inauguración do novo curso; naquela ocasión María Barbeito foi designada pola Xunta Local de Primeira Ensinanza para pronunciar o discurso central do acto o día 22 de setembro.

A mensaxe final do discurso de María Barbeito tivo amplo eco entre os asistentes polas propostas formuladas pola mestra: a suxestión de que o Concello cambiase o destino das pesetas destinadas a estes premios:  La maestra Dª María Barbeito, con gran acierto, propuso transformar el beneficio del premio en creación de edificios puramente escolares, como campos de juego, casa de baños, salón de espectáculos, biblioteca pública y escuela de anormales.  Con esta proposta a oradora trataba de mellorar os servizos comúns do alumnado coruñés, poñendo de relevo o permanente desvelo e a loita interminable da mestra.

 

Texto do libro María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)

Presentación de “María Barbeito” na Libraría Lume

Baía Edicións e o Ateneo Republicano de Galicia realizaron o acto de Presentación do libro María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá,  na Librería Lume (Fernando Macías, 3) o xoves día 12 de marzo, ás 20:00 horas,en que interviñeron, ademais da autora, Xosé Alfeirán Rodríguez (historiador e presentador do Acto) e Beatriz Martínez-Barbeito (neta da biografada).

Baía Edicións e o Ateneo Republicano de Galicia presentan o libro MARÍA BARBEITO, de Ana Romero

Baía Edicións e o Ateneo Republicano de Galicia realizan o acto de Presentación do libro María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá, que terá lugar na Librería Lume (Fernando Macías, 3) o xoves día 12 de marzo, ás 20:00 horas, en que intervirán, ademais da autora, Xosé Alfeirán Rodríguez (historiador e presentador do Acto) e Beatriz Martínez-Barbeito (neta da biografada).

VISUALIZA O PRÓLOGO DE ANTÓN COSTA RICO

ESCOLMA DE TEXTOS. Selección de Ana Romero

Venta do libro electrónico AQUÍ.

Máis información:

 

Varios libros de Baía finalistas dos Premios da Edición 2014

MARÍA BARBEITO. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de  Ana Romero finalista no PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN DO ANO 2014.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras e ilustracións de Antonio Seijas finalista do PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014.

A Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar e Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Carreiro finalistas do PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014.

Parabéns e sorte a todas as finalistas! Podedes consultar a listaxe completa no enlace da Asociación Galega de Editores.

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)

Autora: Ana Romero

María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.

O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.

MÁIS INFORMACIÓN