Editorial
  • Novas
  • Material Didáctico
  • Rodribico
    • Material Descargable
    • Autor e ilustrador
  • Multimedia
    • Galería de imaxes
    • Vídeos
  • Recomendamos
  • Search

Artigos

TVE emitirá o material inédito consultado por María Lopo no libro “Cartas no exilio”

26 Decembro, 2019/en Novas, Recomendamos /

TODO OU NADA, MARÍA CASARES

O domingo 29 de decembro de 2019 ás 21:30 h. en La 2: “Essentials” – Premio Nacional de Televisión 2019-. Produción propia de RTVE

María Casares é unha das grandes divas do teatro francés do século XX. E a pesar de ser galega, descoñécese en España.

O exilio foi, a pesar diso, o motor que moveu a vida e a paixón de María Casares, a gran diva do teatro francés do século XX. Nacida en Galicia, construíu unha carreira impecable e recoñecida por críticos e público.

Ver e escoitar a María Casares incluso a través dunha pantalla de televisión é unha experiencia intensa e emocionante. Ver en directo, no mesmo escenario, como a actriz Tina Sainz, ou desde a butaca, como o director de teatro Lluís Pasqual, significa entrar en estado de choque. A actriz naceu na Coruña en 1922, e sendo filla de Santiago Casares Quiroga, o xefe do goberno o día do golpe de Estado do 36 de marzo marcouna de por vida. Tivo que exiliarse coa súa nai e comezar de cero en París, onde tamén sufriron a ocupación alemá durante a Segunda Guerra Mundial.

Durante a súa vida traballou cos autores e directores máis importantes de teatro e cine da escena francesa, incluído o amor da súa vida, o escritor e nobel Albert Camus, como conta a súa filla Catherine Camus no documental. Os personaxes clave como o director Jorge Lavelli recordan como se enfrontou ao escenario; e a biógrafa de Casares, María Lopo (Cartas no exilio) ou a profesora de teatro da Royal Central School da Universidade de Londres, María Delgado, informan dos momentos cruciais na súa vida.

Ademais de ter algúns momentos valiosos gravados por TVE, como o seu regreso a España despois de 40 anos de exilio para representar “El Adefesio” de Rafael Alberti en 1976, este documental requiriu unha laboriosa investigación dos fondos documentais, na súa maioría en Caen, e Aviñón. Estes permitiron descubrir fotografías e vídeos nunca amosados ​​en España. Estas cidades, e especialmente París, tamén foron lugares de filmación. Tamén A Coruña, – onde a casa familiar é un museo – así como as praias dos arredores que o conectaban co seu amado océano.

“Durante moitos anos vivín nun estado de urxencia”, dixo María Casares, e iso podería aplicarse a maior parte da súa vida. Levada pola súa paixón polo teatro sempre experimentou para non estancarse. Envolto en todas esas vidas que viviu no escenario, non abandonou a memoria da súa orixe: nunca renunciou á nacionalidade española.

 

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2019/12/Cartas_Exilio.jpg 1181 837 Baía Edicións https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gif Baía Edicións2019-12-26 13:41:292019-12-26 13:41:29TVE emitirá o material inédito consultado por María Lopo no libro “Cartas no exilio”

Os Premios María Casares do Teatro Galego estiveron cheos de emocións

23 Marzo, 2018/en Novas /

A vixésima segunda edición dos Premios María Casares do Teatro Galego foron unha festa de aniversario da escena profesional de Galicia. A gala dirixida por Artur Trillo e conducida por Talía Teatro contando cun perfecto repertorio musical do Coro Encaixe foi unha celebración na que todo tipo de emocións e sentimentos tiveron sitio no escenario do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Nove espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns. Tres espectáculos repartiron a meirande parte dos premios e houbo momentos para a reivindicación, o recordo, a risa e o enxeño poético. Era o Día Mundial da Poesía, como lembraron as poetas Aldaolado (Lucía Aldao e María Lado) ao ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro no que chamaban á risa como chave da liberdade contra todo o escuro e ao teatro como república de esa liberdade. As encargadas do manifesto tamén pediron a existencia dunha categoría de monicreques nos María Casares.

 

GAÑADORES POR CATEGORÍAS SEGUINDO A ORDE DE ENTREGA

  1. MELLOR MAQUILLAXE

Trini F. SILVA por OUTONO, espectáculo da compañía Pista Catro.

  1. MELLOR VESTIARIO

Suso Montero por A CABEZA DO DRAGÓN, espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas.

  1. MELLOR ESCENOGRAFÍA

Marta Iturralde e Montse Piñeiro por RESACA; espectáculo de ilMaquinario Teatro.

  1. MELLOR ILUMINACIÓN

José Manuel Faro ‘Coti’ por RESACA, espectáculo de ilMaquinario Teatro.

  1. MELLOR MÚSICA ORIXINAL

Vadim Yukhnevich por RESACA, espectáculo de ilMaquinario Teatro.

  1. MELLOR ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN

Quico Cadaval por A CABEZA DO DRAGÓN, espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas.

  1. MELLOR TEXTO ORIXINAL

Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman e Gena Baamonde por ELISA E MARCELA, de A Panadaría.

  1. MELLOR ACTOR SECUNDARIO

Víctor Mosqueira, por A CABEZA DO DRAGÓN, de producións Teatrais Excéntricas.

  1. MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA

Laura Míguez, por RESACA, de IlMaquinario Teatro.

  1. MELLOR ACTOR PROTAGONISTA

Iván Marcos, por A CABEZA DO DRAGÓN, de Producións Teatráis Excéntricas.

  1. MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA

Areta Bolado, por ELISA E MARCELA, de A Panadaría.

  1. MELLOR DIRECCIÓN

Gena Baamonde, por Elisa e Marcela, de A Panadaría.

  1. MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL

A GALIÑA AZUL, de Tanxarina.

  1. MELLOR ESPECTÁCULO

Elisa e Marcela, de A Panadaría.

Fonte: Culturagalega
https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2018/03/mariacasares.jpg 412 800 Baía Edicións https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gif Baía Edicións2018-03-23 07:48:142018-03-23 07:55:30Os Premios María Casares do Teatro Galego estiveron cheos de emocións

Parabéns aos gañadores dos XXI Premios María Casares

30 Marzo, 2017/en Novas /

Os XXI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 13 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e por diferido na TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre autoridades, profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida por Pepo Suevos, que neste ano propuxo un espectáculo guiado polo humor e o desenfado que xirou ao redor das relacións entre a administración e a cultura, dous mundos condenados a entenderse. O elenco estivo conformado por Roberto Leal, Alberto Rolán, Marta Lado, Patricia Torres, Silvana Sestelo e Josito Porto. Ademais, a música púxoa unha banda (conformada polos percusionistas Amaury Quintero e Marcos Jaramillo, o pianista Josep Ruiz; o baixista Juan Perez e o trompetista Daniel Polo) que achegou aos Premios o son cubano. Pola súa banda, Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Read more →

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/03/PremioMariaCasares2017.jpg 400 685 patricia https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gif patricia2017-03-30 11:23:222017-04-01 11:09:03Parabéns aos gañadores dos XXI Premios María Casares

‘Tokio 3’ imponse nos Maria Casares con 5 galardóns

1 Abril, 2013/en Novas /

Iluminación, música orixinal, escenografía, direccion (Marta Pazos) e vestiario (compartido) foron os cinco galardóns que levou a obra Tokio 3 de Voadora, na gala dos XVII Premios María Casares de Teatro que se celebrou o pasado mércores 27 de marzo. Fronte a esta obra, que foi a triunfadora da noite, Sarabela Teatro obtivo unicamente 3 galardóns dos dez aos que optaba con Viaxe a ningunha parte, a outra grande favorita desta edición. Adaptación-tradución, maquillaxe e mellor vestuario (compartido) foron os recoñecementos que recibiu nos premios que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Ibuprofeno Teatro, con Pequenos actos pseudorrevolucionarios, conseguiu pola súa banda os recoñecementos a texto orixinal e actriz (Marián Bañobre). O mellor actor protagonista foi para Xose manuel Olveira Pico polo seu traballo en Kafka e a bonca viaxeira.

Fonte: Culturagalega

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2013/04/Tokio3.jpg 426 642 patricia https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gif patricia2013-04-01 10:44:402013-04-01 10:44:40'Tokio 3' imponse nos Maria Casares con 5 galardóns

Xornadas: Historias da Coruña. A memoria da cidade

12 Abril, 2012/en Galería de imaxes /

Con motivo das Xornadas: Historias da Coruña. A memoria da Cidade organízase o día 20 de novembro de 2008 unha xornada dedicada a “María Casares. Memoria e Vida” sendo María Lopo a que realizou a conferencia. Neste mesmo acto tamén se presentou o último libro editado por María Lopo en Baía Edicións Cartas no exilio que incorpora a correspondencia intercambiada entre Santiago Casares Quiroga e a súa filla, a actriz, María Casares. O acto tivo lugar, como non podía ser doutro xeito, na Casa Museo Casares Quiroga.

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2012/04/Xornada-Casares4.jpg 1200 1600 patricia https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/2017/04/logo.gif patricia2012-04-12 14:05:282017-07-31 06:35:03Xornadas: Historias da Coruña. A memoria da cidade

GUÍA DE ÁRBORES PARA ANDROID

VISITA A NOSA TENDA ONLINE

CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS 2018

AULA VIRTUAL

© Baía Edicións
  • Twitter
  • Facebook
  • Gplus
Scroll to top