Entradas

A Asociación Galega de Editores entrega unha biblioteca con 3.000 volumes ao Concello de Teo

A Asociación Galega de Editores AGE faralle entrega ó Concello de Teo dunha biblioteca con 3.000 volumes. O acto simbólico de recepción deste material terá lugar este venres 5 de abril ás 11:30 horas na Mediateca do Grilo, en Cacheiras.

Escolleuse este lugar para facer a presentación á prensa deste acordo de colaboración entre as dúas institucións xa que é precisamente neste local onde se atopan dende hai algunha semana todo o material entregado.

O acto público contará coa presenza da Vicepresidenta da AGE, Belén López, directora de Baía Edicións; de Benigno Paz, director de KNS Edicións e editor de Teo; do alcalde de Teo, Martiño Noriega e da edil de Cultura, Carme Hermida. Na presentación ademais da entrega simbólica desta biblioteca tomarán a palabra para explicar o que supón para a asociación e o Concello esta cesión dun material de tanta valía.

Fonte: Radio Obradoiro