Entradas

Ánxela Gracián gaña o 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022

Reunido e mirando á Baía da Coruña, hoxe 17 de maio de 2022 o xurado do 10.º Premio Meiga Moira, integrado por Violeta Meléndrez (influencer e bookstagramer divulgadora da literatura galega nas redes sociais), Pilar Ponte (profesora de ensino medio, dinamizadora da normalización lingüística no ensino e na sociedade e activista cultural), Armando Requeixo (investigador no Centro Ramón Piñeiro, profesor na USC, crítico literario e promotor do blog Criticalia), Blanca-Ana Roig (profesora na USC, investigadora da literatura infanto-xuvenil galega e crítica literaria), e Olalla Sánchez (xornalista de La Voz de Galicia e divulgadora da literatura infanto-xuvenil), outorgou por unanimidade o premio á obra Donas de nós, presentada baixo o lema “María Balteira”, que resultou ser da escritora Ánxela Gracián.

O xurado valorou en Donas de nós:

A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o Mago Merlín, a Fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista.

Tamén si, coa súa decisión quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal.

A obra premiada recibirá unha dotación económica a de 2.000 euros e será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira.

Ánxela Gracián en 2018 foi gañadora coa obra As voces da auga, compartindo o premio con Pere Tobaruela e a súa obra Auga e Lume.

Baía Edicións convoca o 10º PREMIO MEIGA MOIRA de Literatura Infantil-Xuvenil

O prazo de recepción de orixinais do 10º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil remata o 2 de abril e a resolución do xurado darase a coñecer o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 17 de maio de 2022.

PARTICIPA!!

Recordamos as bases do concurso e as obras gañadoras do ano 2018, xa que o 9.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil quedou deserto:

O 9.º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DECLARADO DESERTO

Reunido na cidade da Coruña o sábado día 1 de agosto de 2020 o xurado do 9.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado por Baía Edicións, composto polas escritoras Marica Campo, que actuou como Presidenta, Ánxela Gracián, gañadora da 8.ª edición en 2018, coa novela As voces da auga, pola profesora e crítica literaria, María Dores Fernández López, polo escritor Pere Tobaruela, gañador, tamén, da 8.ª edición en 2018, coa novela Auga e Lume, e pola directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que actuou, asemade, como Secretaria, acordou, por unanimidade e con moito pesar, DEIXAR DESERTO o Premio Meiga Moira deste ano 2020.

Esta decisión foi adoptada porque ningún dos vinte orixinais recibidos atende as características para ser merecedor do galardón por unha ou varias das seguintes razóns fundamentais: baixa calidade literaria dos orixinais, descoidado uso da lingua empregada nos textos presentados e/ou por non axustarse ás franxas de idade ás que se destina o premio.

Baía Edicións convoca o 9º PREMIO MEIGA MOIRA de Literatura Infantil-Xuvenil

O prazo de recepción de orixinais do 9º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil remata o 20 de abril e a resolución do xurado darase a coñecer o 25 de xuño de 2020.

PARTICIPA!!

Recordamos as bases do concurso e as obras gañadoras do ano 2018:

Entrega do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil

Baía Edicións fixo entrega o domingo 2 de decembro de 2018 no Culturgal do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil á autora, Ánxela Gracián por As voces da auga e ao autor Pere Tobaruela por Auga e lume. O acto foi presentado por Héctor Cajaraville, membro do xurado e o premio foi entregado por Belén López (Directora editorial de Baía Edicións).

O Xurado, formado por Héctor Cajaraville (gañador do 7.º Premio (2016) coa obra Denébola a Roxa), Andrea Maceiras (gañadora dos 4.º Premio (2010) e 6.º Premio (2014) con Violeta tamurana e Miña querida Sherezade, respectivamente), María Dores Fernández López,  profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, e María do Pilar Campo Domínguez (Marica Campo), que actuou de Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, resolveu conceder por unanimidade o 8.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil ex aequo ás obras presentadas baixo os lemas “Mathuo Basho” e “CM”.

Abertas as plicas, as mesmas resultaron corresponder, respectivamente, ás presentadas por Ánxela Gracián, que leva como título As voces da auga (proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos), e por Pere Tobaruela, que leva o título Auga e Lume (proposta tamén para lectoras e lectores a partir de 12 anos).

O Xurado manifestou, entre outros aspectos, o seguinte:

«As voces da auga destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico especialmente complexo, máis alá dos convencionalismos».

«En Auga e Lume destaca a axilidade da trama e a súa vinculación coa historia de Galiza e a habelencia na mestura entre novela de aventuras, de misterio e de amor.

O protagonista debe viaxar no tempo para resolver un enigma que se mantivo agochado durante séculos e que chegou intacto aos nosos días».

As obras serán publicadas por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e as autorías repartiranse 2.500 euros cos que está dotado o premio..

Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade das obras presentadas, das que vinte e unha alcanzaron a selección final, o que evidencia unha vez máis o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infanto-xuvenil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.

Ánxela Gracián e Pere Tobaruela gañan o 8.º Premio Meiga Moira 2018

‘Caramulo e a carpinteira de soños’ e ‘A cova da moura’ finalistas do premio Premio Frei Martín Sarmiento

Indicamos, a continuación, a listaxe dos libros finalistas deste 2017-2018 do Premio Frei Martín Sarmiento:

Educación Infantil
PREGO, LUIS; Xogos musicais; Edicións do Cumio.
MOURE, ANXO; Caramulo e a carpinteira de soños; Baía Edicións.

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
FERRER, ÁNXELES; O sombreiro do mago; Ed. Xerais.
SAMPAYO, ALEX E CAAMAÑO , BORJA F.; A nena que quería navegar; Redrum Teatro.

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
CORTIZAS, ANTÓN; Zoonetos; Ed. Tambre-Edelvives.
VILLAR JANEIRO, HELENA; Contos do sol e da lúa; Ed. Alvarellos.

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
BABARRO, XOÁN; Hilario e os tres medos; Ed. Santillana.
BAYORTI, ALEX; Tom, Hunck e o misterio da trabe de ouro; Urco editora.

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
CAROU FIGUEIRA, NATALIA; A cova da moura; Baía Edicións.
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO; Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé.

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO; Presas fáciles; El Patito editorial.
TROUBS; A Alquitara; Ed. Figurandorecuerdos.

6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia.
FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora.

Fonte: Blogoteca

Pere Tobaruela trasládase ás nosas orixes prerromanas para recrear ‘Catro pedras vellas’, última novela da colección Meiga Moira

Conta a lenda que na parroquia de San Xulián de Bastavales, concretamente no castro de Beca, tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Pénsase que este Castro Lupario, ou Castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ó pobo dos Caparos.

Nese lendario lugar é onde Xela e os seus amigos Fuco, Carlos e Ana intentarán resolver os misteriosos movementos de persoas que desaparecen da vista cando alguén se achega  ás súas ruínas.

Con Catro pedras vellas, o último libro publicado na colección Meiga Moira, Baía Edicións trasládase, da man de Pere Tobaruela, aos lugares do noso imaxinario colectivo. Unha boa oportunidade para profundar nas nosas orixes prerromanas, saber algo máis desa misteriosa raíña con nome de lobo e de paso, visitar o fermoso val da Amaía.

Fotomontaxe: Fermín Durán Álvarez

Pere Tobaruela trasládase ás nosas orixes prerromanas para recrear Catro pedras vellas, última novela da colección Meiga Moira.

‘Denébola a Roxa’ e ‘A nosa Terra é nosa!’ nos mellores do 2016 de Fervenzas literarias

Tras pechar o día 15 de xaneiro o prazo de votacións, Fervenzas Literarias acaba de publicar os resultados onde as lectoras e os lectores decidiron o que ao seu xuízo foi o mellor do 2016. En total, este ano recibiron 420 enquisas válidas.

Dous dos nosos títulos foron seleccionados… Parabéns ás premiadas e premiados!!!

7º posto no Mellor libro de ensaio/investigación para A NOSA TERRA É NOSA! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua.

6º posto no Mellor libro literatura xuvenil para DENÉBOLA A ROXA, de Héctor Cajaraville.

Fonte: Fervenzas literarias