Entradas

Finalistas dos V Premios Martín Códax

A sede das adegas Martín Códax en Cambados acolleu o mércores pasado a presentación dos nomeados aos V Premios da Música de Galicia. O encontro deu a coñecer os proxectos que recibiron máis votos dos membros da Asociación Músicos ao Vivo e entre os que un xurado profesional seleccionará agora os gañadores. Na listaxe que se deu a coñecer conviven proxectos recoñecidos con novas propostas.

Así, na categoría de Pop e Indie, unha das conta con mais inscritos, competirán Eladio y los seres queridos, Espiño e Novidades Carminha. No rock pola súa banda atópanse Igmig, Mad Martín Trío e Moon Cresta. No campo de Folk están presentes Tanxugueiras, Xosé Lois Romero e Aliboria e mais Os D´Abaixo, mentres en canción de autor intégranse nomes dispares como Caxade, A banda da loba e Uxía.

No campo dos festivais, chegan á final dos galardóns Nigranjazz, o Resurrection Fest e mais o Festival de Pardiñas, mentres a mellor sala escollerase entre a Sala Garufa, A Arca da Noe e mais El Contrabajo Club. Músicas galegas ilustradas, Ábrete de Orellas e Tolemias.tv, pola súa banda, son os proxectos que optan ao premio ao mellor espazo de comunicación musical. Os gañadores coñeceranse o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano máis no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Baía Edicións presenta ‘O falar das fadas. Lingua, música e toponimia da Galiza’ na libraría Brañas

Baía Edicións convidan ao lanzamento do libro O falar das fadas Lingua, música e toponimia da Galiza, de Xosé Manuel Sánchez Rei, que terá lugar na Libraría Brañas (Rúa Doctor Fleming, 43 – Carballo) na próxima terceira feira, 7 de marzo ás 20:00 horas.

Intervirán, para alén do autor, Xosé Cotelo, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Belén López Vázquez.

Un día triste para a música galega, falece o músico galego Fran Pérez ‘Narf’

Fran Pérez, máis coñecido como ‘Narf’, faleceu este martes aos 48 anos de idade por mor dunha grave enfermidade contra a que estaba a loitar desde facía varios meses.

Debido a un inoportuno problema de saúde de Fran Pérez, NARF’, víronse na obriga de aprazar os concertos de presentación do disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’ programados para as semanas de setembro. Indicaban na súa páxina de facebook: “Fran terá que gardar repouso por prescrición médica. En canto se recupere, agardamos retomar a xira con normalidade en próximas datas, que serán anunciadas coa suficiente antelación”.

A noticia da morte do músico compostelán deuse a coñecer a tarde de onte a través das redes sociais e medios de comunicación, con sucesivas reaccións e mostras de agarimo de diferentes representantes do mundo das artes e a sociedade galega.

A carreira de Fran Pérez levouno a editar cinco discos baixo o nome de ‘Narf’, que foron ‘Directo en Compostela’ en 2004, ‘Totem’ en 2007 e ‘Nas tardes escuras’ en 2013 en solitario e ‘Aló irmao!’ e ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’ en colaboración con Manecas Costa e Uxía Senlle, respectivamente.

A súa obra como compositor para teatro ou espectáculos fíxoo merecedor do premio da crítica en Barcelona ao Mellor Musical do Ano en 1995 por ‘Annus Horribilis’, ou cinco María Casares polos espectáculos Río Bravo, Finis Mundi Circus, Annus Horriblis, Sidecar e Ou Segredo dous Hoffman, entre outros.

Segunda edición dos Premios Martín Códax da Música

Unha gala en Cambados acolleu onte a presentación dos finalistas á segunda edición dos Premios Martín Códax da Música. En total son 54 propostas as que optan ás 15 categorías musicais e mais aos 3 premios Organistrum, que recoñecen o traballo de salas, festivais e espazos de comunicación. Os membros da Asociación de Músicos ao Vivo, que organiza o certame, botarán agora os gañadores do premio, que se entregará o 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A participación, mesmo sen chegar ás 521 propostas recibidas o pasado ano, foi valorada como moi positiva pola organización. En total inscribíronse no certame 307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación. Entre os candidatos á final deste ano atópanse varias propostas que resultaron premiadas o pasado ano, como Transivalnians, Machina ou Narf (desta volta como trío). A listaxe inclúe tamén proxectos que ficaron no final da primeira edición, como Xoel López (agora na nova categoría de Canción de Autor), Caxade, Pablo Díaz, Cró ou Wöyza. Aos premios en competicións súmase o xa anunciado galardón honorífico para a banda N.H.U., pioneira do rock progresivo en Galicia.

Proxectos nomeados aos II Premios Martín Códax da Música

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales

Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius

Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros

Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío

Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso

Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz

Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade

Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela

Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS

Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel

Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños

Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9

Metal: Aphonnic / Nao / Machina

Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians

Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon

Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol

Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando

Fonte: Culturagalega

O Festival da Luz pecha a súa terceira edición con 8.000 visitantes

Ata o municipio coruñés de Boimorto desprazáronse este fin de semana case trinta estrelas da música que brillaron con luz propia no Festival da Luz que onte colgou o seu cartel de pechado ata o próximo ano. A anfitriona deste particular evento, a cantante coruñesa Luz Casal, confesou onte que “non é un festival para min, porque sen dúbida é un festival para a xente”. “Eu non quero que a xente pense que eu vou estar todos os anos”, destacou posteriormente Casal tras subirse ao escenario para actuar xunto ao seu compañeiro e amigo Kiko Veneno e interpretar con enerxía, diversión e alegría o tema “Voando vou, voando veño”.

A polifacética artista, que sorprendeu con este dueto improvisado, confesou o motivo: “Se Kiko pídeme que saia…, saio aí leándome a manta á cabeza”.

O recinto, un espazo eminentemente rural que apenas excede os 2.000 habitantes, foi visitado o fin de semana por unhas 8.000 persoas que se mobilizaron para gozar, nun paraxe singular salpicado por frondosos vales e bañado por ríos, de máis dunha veintena de nomes propios. Intérpretes, todos eles, que iluminaron o escenario e que aceptaron ser parte desta convocatoria solidaria que celebra este ano a súa terceira edición.

Foi amplo o abanico de artistas con estilos musicais moi distintos e de nomes recoñecidos que loitaron contra a climatoloxía para poder poñer o pé encima do palco e encandear a pequenos e maiores. Casal recoñeceu que esa incomodidade da choiva é previsible, e que facer un festival nesta zona de Galicia nunha época como setembro carrexa unhas complicacións que a xente coñece e “admite”. “Eu vin en varias ocasións concertos baixo a choiva que resultaron, en moitos casos, do mellor que presenciei”, recordou Luz, para quen vivir a natureza coas inclemencias do tempo é outro xeito de gozar da esencia de Boimorto.

O Festival da Luz contou durante a súa última xornada coas actuacións de Quique González, Os Segredos ou Rozalén entre outros. A taquilla irá para fins benéficos.

Fonte: La Opinión

No bico un cantar – As nenas e nenos galegos cantan a Curros Enríquez

Esta actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia. O ano pasado a Rosalía de Castro, e este ano a Curros Enríquez, No bico un cantar conectará os estudantes co mellor da nosa música e o senlleiro escritor celanovés. O evento conta coa organización do Consello da Cultura e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Celanova e Vegalsa-Eroski.

Nas fotos, o director de orquestra e coordinador da Sección de Música do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave, ensaia e interpreta cos nenos os poemas de Rosalía (edición 2013)

Destinado a Nenos e nenas de 8-12/13 anos.

Músicos
Grupo de metais Hércules Brass (2 cornos, 2 trompetas, trombón e tuba).

Lugar e data
6 de xuño
17:30 horas
Celanova

A despedida de Berrogüetto

O grupo que é considerado de xeito unánime como un referente do noso folk a nivel internacional, Berrogüetto, disólvese. Así o anunciaron os seus compoñentes nunha mesaxe no Facebook da banda no cal non apuntan os motivos do abandono da súa actividade musical. Segundo sinalan na mensaxe, Isaac Palacín, Anxo Pintos, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santi Cribeiro, Guillerme Fernández, Xabier Díaz despídense “cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados”. Foron 18 anos de carreira, cinco discos e un libro disco que agora rematan “conscientes e orgullosos do compromiso mantido sempre coa música e a cultura do país, guiándonos únicamente polo noso afán creativo e o noso propio e inconformista universo musical”. A agradecer o apoio de seguidores e amigos, o grupo anuncia que anunciará en vindeiras datas unha xira de despedida polas principais vilas e cidades do país. Boa parte dos membros do grupo participan desde hai anos en proxectos musicais paralelos.

Fonte: Culturagalega

38 finalistas nos Premios Galegos da Música

A Adega Martín Códax acolleu o venres a presentación da primeira festa de Nomeados dos Premios Galegos da Música, convocados pola Asociación de Músicos ao Vivo. Xacobe Antelo, voceiro da asociación, sinalou que só nun mes postuláronse 521 candidaturas de grupos e intérpretes galegos. Destes cincocentos vinte un, 38 resultaron finalistas. Os gañadores coñeceranse no transcurso dunha gala o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

FINALISTAS

Pop e indie
– Xoel López
– Eladio y Los Seres Queridos
– TERELAND

Rock, blues, funk &soul
– NARF
– Cró!
– Foxy Freire

Jazz e músicas improvisadas
– Abe Rábade Trío
– Marcos Pin Factor E-Reset
– Paco Charlín “Flood”

Hip-Hop e músicas urbanas
– Dios ke te Crew
– Wöyza
– García MC

Música clásica e contemporánea
– Taller Atlántico Contemporáneo
– Orquestra Vigo 430
– Vertixe Sonora Ensemble

Folque
– Berrogüetto
– Cuarteto Caramuxo
– Caxade

Música tradicional galega
– Treixadura
– Davide Salvado Trío
– Cantigas e Agarimos

Músicas do mundo
– Banda Crebinsky
– 2us
– Germán Díaz Método Cardiofónico

Música infantil
– Mamá Cabra
– A Nena e o GrilonunBarquiño
– Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Electrónica
– Das Kapital
– Aquofono
– Sub Rosa

Metal
– Machina
– Nao
– Tálesien

Reggae, ska & mestizaxe
– Transilvanians
– Dakidarría
– Cuchufellos

Orquestras, grupos e música de verbena
– A Magnifique Bande
– Os da Ría
– Orquestra Os Modernos

Fonte: Culturagalega

Antón Reixa dimite da xunta directiva da SGAE

Antón Reixa soltou as últimas amarras que o vinculaban á Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE). O expresidente deste colectivo presentou hoxe a súa dimisión da xunta directiva na que permanecía como representante do Colexio de Pequeno Dereito que aglutina aos músicos. A súa renuncia coincide coa aprobación (por 27 votos a favor fronte a dous en contra e 10 abstencións) da readmisión do exrepresentante da SGAE para o Noroeste, Juan Carlos Fernández Fasero, que fai apenas uns días gañou un xuízo por despedimento improcedente contra a entidade que quedaba obrigada a readmitilo ou indemnizalo. A SGAE púxoo na rúa ao difundir este diario que, sendo director da Axencia galega dás industrias culturais (Agadic), dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Fasero subvencionou con 142.000 euros do ente que dirixía á empresa de Reixa Filmanova Invest, entón presidente da SGAE, que o contratou nesta entidade 23 días logo de recibir a axuda pública.

Reixa declinou facer declaracións a este diario máis aló de confirmar a dimisión e atribuíla a “un cúmulo” de circunstancias que anuncia que explicará por escrito. Fontes próximas a el aseguran que a súa ruptura definitiva coa sociedade de autores, aínda que coincidente coa readmisión de Fasero (a sentenza pon en evidencia o proceder do produtor e músico galego), está máis relacionada coa decisión da directiva de abrir unha investigación dos gastos do organismo durante a etapa na que el estivo á fronte. “Xa sendo presidente era unha tortura diaria para el asistir ás xuntas, pero os insultos e as presións non cesaron sequera tras a súa destitución: non lle compensaba continuar”, sosteñen na súa contorna.

Corresponde a Nacho Campillo, o exlíder do grupo Tam Tam Go! cubrir a vacante que deixa Reixa na directiva da SGAE. Campillo non recibiu notificación oficial aínda e sostén que se tomará uns días antes de decidir se acepta esa responsabilidade. Se Campillo renuncia, a lista correrá e sería Luís Bolín, o baixista da Unión, próximo a Fernández Sastrón, quen tería que ocupar a vacante.

A dimisión de Reixa da directiva da SGAE súmase ás aínda recentes de Miguel Ríos e José Luís Cuerda.

Fonte: El País

Cristina Pato distinguida co Premio Trasalba

Cristina Pato (Ourense, 1980) vén de ser distinguida coa XXXI edición do Premio Trasalba que todos os anos, no derradeiro domingo de xuño, a Fundación Otero Pedrayo entrega na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro), casa patrucia do patriarca histórico das Letras Galegas.

Logo de valorar distintas cantidaturas, a xunta de goberno da Fundación, despois de informar a escoitar os membros do Padroado, anuncia a concesión salientando os valores da intérprete galega e considerando, moi especialmente, a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo e a calidade obxectiva da súa actividade artística e profesional.

“Valoramos nesta ocasión a necesidade de incorporar novos rostros, novas linguaxes, novas maneiras de facer, na liña da universalización da nosa cultura, dentro e fóra de nós, no espírito de “universalidade” que caracterizou aos homes da xeración Nós e, mais concretamente, a mentalidade aberta de Otero Pedrayo”, explican os promotores do premio.

A cultura e a música galega polo mundo

“Cristina Pato leva a cultura e a música galega polo mundo. Instalada entre os Estados Unidos e Galicia, mesmo  cunha importante actividade docente na cidade de Nova York, colabora con algún dos grandes músicos da súa especialidade (The Chieftains, Chicago Symphony Orchestra, Yo-Yo Ma, Silk Road Ensemble etc.), o que a convirte de feito nunha das nosas primeiras embaixadoras culturais.

Fonte: AGE

Foto