Inauguración da tempada de outlets do libro
A nova tempada de outlets do libro comeza este mesmo sábado, 4 de outubro, na cidade de Pontevedra. A actividade, organizada pola Asociación Galega de Editores conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e desenvolverase na Café Moderno (Centro Social A Fundación). Nesta nova edición conta coa participación de 16 editoriais e poñerá á venda uns 10.000 exemplares a prezos reducidos. Un 85% dos títulos ofertados terán un desconto en función do número de exemplares comprados. O 15% restante corresponde a edicións singulares que se ofertan a 5, 10 e 15 euros.
Un libreiro da cidade xestionará este espazo singular de venda temporal de libros. O Outlet permanecerá aberto ata o domingo 12 de outubro en horario de 11 a 14h e de 17 a 21h.