Entradas

A AGADIC publica no DOG a nova convocatoria de subvencións á produción escénica

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Educación publica o 04/03/2015 no DOG a nova convocatoria anual de subvencións á produción escénica, na que se destina un total 600.000 euros ás compañías profesionais galegas para a realización das súas próximas montaxes de teatro, danza, maxia ou novo circo.

No 2014 resultaron beneficiarias un total de 26 fromacións escénicas para desenvolver espectáculos en difrentes formatos que se están representando nesta actual temporada 2014-2015.

O obxectivo destas axudas á produción escénica é fomentar a presenza nos escenarios de novos espectáculos, en calquera das modalidades e disciplinas escénicas, estreados por compañías profesionais galegas entre o 1 de abril de 2015 e o 31 de marzo de 2016. As propostas poderán presentase a partir de hoxe e ata o sábado 4 de abril por calquera dos medios que se recollen nas bases, onde se especifica como vía preferible a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Foto: Xose Castro.