Entradas

‘Miña querida Sherezade’ e ‘A Burra Ramona’ finalistas dos premios Frei Martín Sarmiento

En Baía estamos máis que felices por contar con dúas candidaturas aos Premios Frei Martín Sarmiento.

  • Na 1ª categoría: 1º e 2º de Primaria: A BURRA RAMONA, de Paula Carballeira e ilustracións de Xosé Tomás.
  • Na 4ª categoría: 1º e 2 de ESO: MIÑA QUERIDA SHEREZADE, de Andrea Maceiras e ilustracións de Antonio Seijas.

Aquí vos deixamos todas/os as/os canditadas/os, parabéns a todas/os!!!

Educación Infantil
AS MAIMIÑAS; Unha viaxe polo mundo; Ed. Galaxia

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
AS MAIMIÑAS; Unha viaxe polo mundo; Ed. Galaxia
CARBALLEIRA, PAULA; A Burra Ramona; Ed. Baía

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
CANOSA, MARÍA; Rubicundo; Ed. Xerais
FRÍAS, XABIER; As aventuras de Enrico Müller; Ed. Edebé

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
ESTÉVEZ, XAVIER; Todos os soños; Ed. Tambre
TOBARUELA, PERE; Formig4s.Misión Nova York; Ed. Xerais

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
MACEIRAS, ANDREA; Miña querida Sherezade; Ed. Baía
JAUREGUIZAR; O veleno da risa; Ed. Xerais

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN; A neve interminable; Ed. Xerais
GÓMEZ XURXO, SILVESTRE; De cristal; Ed. Xerais

6ª categoría: adultos
LÓPEZ SANDE, MARÍA; O faro escuro; Ed. Galaxia
CASTRO, FRANCISCO; Tes ata as 10; Ed. Galaxia
MACEIRAS, ANDREA; Europa Express; Ed. Xerais

Fonte: Blog do Premio

Andrea Maceiras recibirá o DÍA DO LIBRO o PREMIO MEIGA MOIRA 2014

Baía Edicións fará entrega do 6.º PREMIO MEIGA MOIRA de literatura infantil e xuvenil o próximo día 23 de abril (DÍA DO LIBRO) ás 20:00 h. na Biblioteca Central Municipal de Cambre. O premio será entregado a ANDREA MACEIRAS pola súa obra MIÑA QUERIDA SHEREZADE. Contaremos coa presenza de Dores Fernández, en representación do Xurado, e Belén López, Directora Editorial de Baía Edicións.

O Xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o venres  día 19 de setembro de 2014 resolveu conceder por unanimidade o 6.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada pola escritora coruñesa Andrea Maceiras Lafuente, que leva como título Miña querida Sherezade e proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos.

O Xurado manifestou, entre outros aspectos, o seguinte:

«É opinión unánime deste xurado que, na referida obra, sobresaen características tan notorias como a dunha excelente estrutura especular e unha non menor fluidez narrativa. As historias d’As mil e unha noites son a base dun texto que xera repetidas e novidosas narracións por volta da ficción e doutras realidades literarias.

En resumo, a obra acaba por ser unha exacta e plural homenaxe ao libro e a lectura».

A obra foi publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.

Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade das obras presentadas, das que dez alcanzaron a selección final, o que evidencia máis unha vez o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.

Baía Edicións destaca o feito de que Andrea Maceiras foi gañadora tamén do 4.º Premio Meiga Moira en 2010 con Violeta tamurana, obra que goza dunha grande aceptación entre as lectoras e os lectores máis novos e cunha especial introdución nos centros de ensino pola singularidade da historia narrada e posta en valor da integración cultural e denuncia do racismo.

 Comentario do libro:

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas. Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego. Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de min  a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino.

Por iso che pido, miña querida Sherezade, que non marches, que agora sexas ti quen me escoite.

Porque pode que esta sexa a miña última historia.

Venta do libro electrónico AQUÍ.

Máis información:

Varios libros de Baía finalistas dos Premios da Edición 2014

MARÍA BARBEITO. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de  Ana Romero finalista no PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN DO ANO 2014.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras e ilustracións de Antonio Seijas finalista do PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014.

A Colección Emocións (9 títulos), de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar e Historia das mulleres galegas. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, de Pepe Carreiro finalistas do PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014.

Parabéns e sorte a todas as finalistas! Podedes consultar a listaxe completa no enlace da Asociación Galega de Editores.

Miña querida Sherezade

Autora: Andrea Maceiras

Ilustrador: Antonio Seijas

Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páxinas, senón gravada no meu corazón. E non é unha soa, senón moitas. Porque eu nacín en 1908 na Casa Editorial de Saturnino Calleja. Viaxei a Cuba no peto dun home rico e regresei na man dun pobre emigrado galego. Coñecín o amor e o desamor, sobrevivín a unha guerra civil, alimentei soños, transmitín mensaxes, salvei e fun salvado. Eu gardei dentro de min  a cor dourada de todos os desertos, a Simbad, Alí Babá e Aladino.

MÁIS INFORMACIÓN