Artigos

O Samaín implántase con forza nas vilas e cidades galegas

A recuperación do Samaín como celebración propia de Galicia continúa a se desenvolver con forza no noso país. Estes días presentaron as súas celebracións para estas datas concellos como Lugo (onde unha procesión de ánimas rodeará a Muralla), Pontevedra, Redondela, Compostela, Ourense ou Mondoñedo. Obradoiros e certames de tallado de calacús e procesións son as propostas máis repetidas, mentres nalgúns lugares apostan polos contos de medo e outras iniciativas de ocio para conmemorar a data de defuntos.

Fonte: Culturagalega