Turgalicia leva a Fitur 23 campañas turísticas do país

Gárdasme o secredo?. A campaña publicitaria ideada no ano 2010 para a daquela Consellaría de Cultura e Turismo (hoxe de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria) fai parte das actividades coas que Turgalicia acode este ano 2013 a Fitur, a feira turística do Estado máis destacada. No espazo institucional hai programadas ata 23 presentacións nas que se dará a coñecer, entre outras cousas, o corpus de Ponteareas, o proxecto Alma da Mariña Lucense, a Pantín Classic de Ferrol ou Ourense como capital termal. A ambientación sonora chega da man de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, que por medio da Agadic, estarán presentes nesta relevante cita do turismo.

Fonte: Culturagalega