Un convenio potenciará a presenza da cultura galega en Brasil
Dunha banda o Consello da Cultura Galega, da outra a Universidade de Sâo Paulo e no medio un convenio para a realización de actividades conxuntas para incrementar a presenza da nosa cultura en Brasil. Esta foi unha das actividades desenvolvidas por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura nunha viaxe por ese país no que alén de inaugurar a exposición “Valentín Paz-Andrade, unha antena galega no Brasil” (Casa Guilherme de Almeida), participou nunha mesa redonda sobre “A cultura galega en Brasil”, celebrada na sede do Instituto Cervantes en Sâo Paulo. Neste mesmo centro hoxe martes terá lugar o concerto “Meu canto”, título do álbum co que a cantante galega Uxía celebra os seus 25 anos na música e cuxo traballo foi gravado nese país (non estudos “Biscoito Fino” de Río de Janeiro).
Fonte: Culturagalega